martes, 28 de septiembre de 2021

V CONCURSO DE FOOTOGRAFÍA XUVENIL


Un a no máis o Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil. Unha iniciativa que pon o acento na poboación máis nova da localidade para vinculala coa súa contorna. A herdanza e a memoria colectiva cobran especial relevancia nos obxectivos do concurso, ao convidar á xuventude a recoñecer e atopar ambos conceptos no seu contexto, nas paisaxes aresáns ou nos espazos e obxectos que forman parte das súas identidades persoais. Así, a xente nova de entre 8 a 18 anos empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas poderá presentar as súas obras entre o próximo luns, 27 de setembro e o 18 de outubro ás 20.00h, vía correo electrónico (concursofotografia@concellodeares.com), incluíndo os formularios de participación e de identificación xa cubertos. Segundo se recolle nas bases, haberá un máximo de dúas fotografías por participante, as instantáneas non poderán ser editadas ou melloradas e terán que ser orixinais (tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade), entre outros requisitos. ▶️ No certame, estableceranse dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, e seleccionaranse 3 fotografías por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (un IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. De igual maneira, as fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario de 2022 do Concello, repartido por todo o municipio, sempre identificadas coas súas autorías. ▶️ Toda a información sobre o concurso, incluídas as bases detalladas e os formularios de participación e de identificación das fotografías, atópanse accesibles na páxina web municipal (www.concellodeares.com) A maiores, está dispoñible o número ☎️ 981 448 057 para solventar as posibles dúbidas.
 👉 DÍPTICO en pdf:



No hay comentarios:

Publicar un comentario