miércoles, 19 de mayo de 2021

OS NOSOS PROGRAMAS DE RADIO. ACTIVISTAS POLO MUNDO QUE QUEREMOS

Despois de poñer en práctica todo o investigado e aprendido no obradoiro de radio no que elaboramos as nosas propias reportaxes radiofónicas, convidamos a todxs a coñecer os temas sobre os que traballamos (feminismo, medio ambiente, racismo, etc.) e tomar partido.

Desde aquí queremos dar as grazas a Javier Cristobo, Paula Mayobre, Conchi Ramil, Jon Rodríguez, Cristina Correa, Celsa Formoso  e Juan Carlos Rey.... por atender a nosa chamada para entrevistalos  e dar a súa visión desde a perspectiva do traballo que eles realizan.

A través dos seguintes podcast podedes escoitar os programas radiofónicos do alumnado de 1º e 2º de ESO.

Aquí tedes os podcast de radio dos programas.

Programa 1 realizado polo alumnado de 2º B No programa falamos da conservación dos océanos e do ODS 14 e entrevistamos ao biólogo Javier Cristobo. Achegámonos ao colectivo LGTBI da man do activista Jon Rodríguez. Falamos de igualdade de xénero a través de fragmentos de cancións. E por último tratamos o tema do racismo nas películas e no deporte.


Programa 2 realizado polo alumnado de 1º A. Neste programa falamos de medioambiente e o efecto que as especies invasoras como o eucalipto provocan na nosa contorna e entrevistamos a Celsa Formoso, presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina. Tamén achegámonos  á labor que esta a facer o Padroado Concepción Arenal Casa de Acollida de mulleres maltratadas e en exclusión de Ferrol, e falamos coa súa vicepresidenta Conchi Ramil e por último entrevistan a Papá Omar e Khadija compañeiros do cole que veñen de outros países.

 

Programa 3 realizado polo alumnado de 1º C .Neste programa falamos de medioambiente e contaminación do mar e para elo contamos con Juan Carlos Rey, un pescador da nosa vila. Tamén tratamos o tema da igualdade de xénero no mundo do deporte con  Paula Mallobre, atleta aresana. Entrevistamos a  dous dos nosos compañeiros que chegaron a Ares de países tan distantes como China e Venezuela e por último analizamos a última enquisa da Axencia de Dereitos Fundamentais da UE sobre a visibilización do colectivo LGTBI. 


Programa 4 realizado polo alumnado de 1º B.  Neste programa falamos das cousas que facemos os humanos e que impiden o desenvolvemento e a reprodución das especies, do racismo no fútbol, da discriminación do colectivo LGTBI e de violencia de xénero.

Programa 5 realizado polo alumnado de 2º A.  Neste programa temos con nós a Cristina Correa profe do noso cole e cooperante que nos falará da súa experiencia como activista en Uganda, falaremos de microrracismos, de conciencia medio ambiental e  de igualdade co colectivo LGTBI como fondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario