O alumnado de 1º ciclo tivo hoxe unha visita moi especial que nos fixo mirar cara ao ceo con ollos cheos de curiosidade. O veciño aresán Nico Sixto achegouse ao noso colexio para compartir cos nenos e nenas a súa fascinante colección fotográfica sobre o universo.
Ensinoulles a observar o ceo a simple vista, no que atoparon estrelas, cometas, planetas e constelacións. Xa profundizando un pouco máis coa axuda das súas fotografías e o telescopio chegaron a galaxias como Andrómeda.
Por suposto, tamén xurdiron curiosidades sobre o eclipse que nos acompañará o vindeiro agosto.
Moitísimas grazas, Nico! Grazas por compartir a túa sabedoría, o teu tempo e o teu amor pola astronomía con nós. De seguro que hoxe sementaches máis dunha vocación científica nas nosas aulas. 🚀🔭
.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario