Hoxe, nun emotivo
acto despedimos aos nosos alumnos e
alumnas de 4º de ESO. Unha mestura de
satisfacción polo deber cumprido por uns e por outros, e de tristeza polo que
supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia como membros do
CPI As Mirandas. Todos e todas nós quixeramos que este acto de graduación fora
máis preto e puideramos abrazarnos, pero como dixo Richard Bach, a amizade e o
afecto non dependen de cousas como o espazo e o tempo e aínda que as vosas familias
non puideron estar con nós sentímolas
moi preto.
Queremos pedir desculpas pola mala retransmisión en directo,
a verdade é que era a primeira vez que faciamos isto virtualmente, pero como todo
ten amaño, aquí vos deixamos o vídeo do acto así como os vídeos despedida.
Para rematar querémosvos desexar de corazón toda a sorte do
mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas as
portas deste, o voso cole.
VÍDEO ACTO DE GRADUACIÓN
VÍDEO DE DESPEDIDA
VÍDEO PROFES
No hay comentarios:
Publicar un comentario