Construír produtos tecnolóxicos para resolver problemas e satisfacer as necesidades dos seres humanos. Esa é a función da tecnoloxía e a iso se dedicou o alumnado dos distintos grupos do noso centro escolar nas materias de Tecnoloxía e Educación Dixital.
Estruturas
de papel capaces de soportar o peso dunha persoa, xogos e maquetas de distintos
medios de transporte empregando material de refugallo, reloxos solares,
tangrams, bailarinas movidas mediante mecanismos de transmisión de movemento,
montaxe de circuítos electrónicos soldando os seus compoñentes en placas
perforadas, prácticas de instalacións eléctricas, deseño de obxectos en 3D,
prácticas de programación da placa Arduíno, programación de distintos
videoxogos realizados con Scratch,... son algúns exemplos das distintas tarefas
e proxectos realizados polo alumnado de 1º a 4º de ESO.
Nas
seguintes imaxes aparece parte do alumnado de 2º de ESO amosando os seus
produtos finais.
PARABÉNS
a todos e todas polo gran traballo realizado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario