Este xoves, 18 de maio, celebramos unha carreira de relevos pola nosa vila para festexar co deporte e coa lingua o Día das Letras Galegas 2023.
A actividade consistiu nunha “Carreira de relevos pola lingua” na que participou o alumnado do noso centro. A carreira contou cuns relevos cooperativos e ao remate montouse un crebacabezas coas pezas que se foron recollendo, con frases motivadoras para fomentar o uso do galego e a práctica do deporte. Para isto desenvolveuse un traballo previo sobre citas e sobre deporte en relación co Día das Letras.
CARREIRA DE RELEVOS POLA LINGUA
Esta actividade foi proposta polo Servizo de
Normalización Lingüística da Mancomunidade e a Concellaría de Cultura de Ares en
colaboración cos departamentos de Educación Física e o EDLG do noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario