Ao longo do curso, o Departamento de Tecnoloxía levou a cabo distintas actividades extraescolares co alumnado do centro.
Os
alumnos e alumnas de Educación Dixital de 3º ESO participaron, no mes de
novembro, nun concurso de robótica organizado polo concello da Coruña. Tiveron
que resolver distintos retos relacionados coa programación dun robot Lego
Mindstorms EV3. Aínda que o nivel das probas foi bastante esixente, a
experiencia resultou ser moi enriquecedora.
Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO visitou, no mes de maio, as instalacións de Sotavento, na que recibiron unha pequena charla sobre os distintos tipos de fontes de enerxía que se empregan para obter electricidade. Tamén realizaron un obradoiro no que tiveron que acender un díodo LED e unha lámpada con placas fotovoltaicas. E puideron comprobar como aproveitar os recursos naturais para construír unha vivenda bioclimática, contribuíndo ao aforro enerxético e á redución da contaminación atmosférica. E que mellor que rematar a xornada que cunha andaina, organizada polo Departamento de Educación Física, pola beira do río Trimaz (Cabreiros), permitíndolles observar as impresionantes paisaxes de campeiros e fragas.
E para rematar, os máis pequenos de Educación Secundaria, 1º ESO, que visitaron as instalacións de Navantia (Fene), nas que puideron comprobar, de primeira man, as dimensións da ponte grúa e ver os distintos jackets que se empregan para instalar os aeroxeneradores no medio dos mares e océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario