PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar de AFUNDACIÓN. Un proxecto de sustentabilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.
Como o proxecto deste ano do noso centro, "ECOESCOLARES" é sobre o medio ambiente, esta actividade vennos perfecta para afondar máis no coidado do noso planeta.
Así os alumnos/as de 6º participaron na realización dun mural nunha parede do noso centro. Para pintalo utilizaron pinturas ecolóxicas fotocatalíticas anticontaminación. O deseño, sobre o malgasto da auga, foi de Alejandra, unha alumna de 6ºA.
Coa axuda de David, o artista experto en murais, quedounos
precioso.
Tamén as nenas e nenos de 4º e 5º de primaria fixeron un
obradoiro de pintado de bolsas de tea con pinturas ecolóxicas no que se
traballou a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita
a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.
Grazas a tod@s por tan bo traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario