Este ano o Entroido vestiuse coa cor do noso proxecto de centro “ECOESCOLARES” en todas as súas vertentes e posibilidades. Así na variedade de disfraces que desfilaron non faltaron os osos polares reivindicando o coidado do medioambiente e a reciclaxe para loitar contra o cambio climático; as pingas de auga e as nubes que, bailando cal danza india, parecera que pedían que a choiva nos acompañe para encher os embalses, que falta nos fai; tamén os apicultores e as abellas fixeron acto de presenza para incidir na importancia que teñen para a vida; as e os Ecoescolares de infantil, co mundo as súas costas, dicíannos que queren un planeta mellor para o seu futuro e os mergulladores do ECOBARCO recórdannos que temos que coidar o mar e preservar todos os ecosistemas mariños do planeta tan necesarios para a vida.
Un día festivo no que non
faltaron as cancións reivindicativas creadas polos nenos e nenas, a ledicia e o bo humor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario