Que contentos e contentas quedamos coa visita das amigas de Educando con Malibú, ningún can sen fogar. Malibú é unha cadeliña adoptada que vive na granxa de Xanceda. O obxectivo deles é loitar contra o abandono e fomentar a adopción.
A través dunha presentación, vídeos e divertidos xogos os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria aprenderon que:
- Os cans deben estar identificados con un chip
- Que se vemos maltrato ou abandono debemos chamar ao 112 e pedir axuda
- Aprender comportamentos cívicos (limpar as cacas do noso peludo cando imos de paseo...)
- Non abandonar as nosas mascotas
- A importancia da adopción e das segundas oportunidades e recordar que é mellor adoptar que mercar un can ou cadela.
Un can e un amiguiño ou amiguiña para toda a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario