miércoles, 29 de septiembre de 2021

SÚBETE AO GALEGO. 1 DE OUTUBRO, "DÍA DO ORGULLO NEOFALANTE"


Dende o ano 2014 Galicia celebra o Día do Orgullo Neofalante co  obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre aquelas persoas que non o falan de xeito habitual.

A conmemoración coincide, ademais, coa data do nacemento dunha das voces máis icónicas do panorama musical galego e da comarca, Andrés Dobarro (nado o propio o 1 de outubro de 1947) e que levou o galego aos grandes éxitos, demostrando así o valor da universalidade, utilidade e vitalidade da lingua.

Por primeira vez en Ferrolterra, agruparanse esforzos dende o eido institucional para impulsar o documental “Barullo”, promovendo o seu uso nos centros de ensino, asociacións e diversas entidades coa intención de difundir o momento que está a vivir na actualidade a música galega, un motor de dinamización do emprego do galego moi desenvolto.

A primeira proxección do documental organizarase no Concello de Neda, coa intervención de Xosé Antón Bocixa e Pepe Cunha, o próximo xoves, 30 de setembro ás 19:00 horas.

 

BARULLO: Documental acerca da diversidade musical en lingua galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap, canción de autor....Un filme de interese para público xeral, aínda que creado especialmente para aulas de escolas e institutos.

martes, 28 de septiembre de 2021

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA

Hoxe no noso colexio, a través da Concellería de Cultura, o alumnado de 4º ESO tivo un obradoiro impartido polo fotógrafo Xoel Rodríguez. Nel os rapaces e rapazas puideron aprender técnicas e conceptos básicos así como ferramentas para facer fotos profesionais e poñer ás a súa creatividade. 

O obradoiro continuou cunha saída fotográfica pola nosa vila na que nos acompañou Xoel. Os rapaces e rapazas puideron poñer en práctica o aprendido no obradoiro e facer fotografías que presentarán ao Concurso de Fotografía Xuvenil do Concello de Ares.

Grazas á concelleira Alma Barrón e Xoel Rodríguez pola organización deste obradoiro.













V CONCURSO DE FOOTOGRAFÍA XUVENIL


Un a no máis o Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil. Unha iniciativa que pon o acento na poboación máis nova da localidade para vinculala coa súa contorna. A herdanza e a memoria colectiva cobran especial relevancia nos obxectivos do concurso, ao convidar á xuventude a recoñecer e atopar ambos conceptos no seu contexto, nas paisaxes aresáns ou nos espazos e obxectos que forman parte das súas identidades persoais. Así, a xente nova de entre 8 a 18 anos empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas poderá presentar as súas obras entre o próximo luns, 27 de setembro e o 18 de outubro ás 20.00h, vía correo electrónico (concursofotografia@concellodeares.com), incluíndo os formularios de participación e de identificación xa cubertos. Segundo se recolle nas bases, haberá un máximo de dúas fotografías por participante, as instantáneas non poderán ser editadas ou melloradas e terán que ser orixinais (tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade), entre outros requisitos. ▶️ No certame, estableceranse dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, e seleccionaranse 3 fotografías por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (un IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. De igual maneira, as fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario de 2022 do Concello, repartido por todo o municipio, sempre identificadas coas súas autorías. ▶️ Toda a información sobre o concurso, incluídas as bases detalladas e os formularios de participación e de identificación das fotografías, atópanse accesibles na páxina web municipal (www.concellodeares.com) A maiores, está dispoñible o número ☎️ 981 448 057 para solventar as posibles dúbidas.
 👉 DÍPTICO en pdf:



lunes, 13 de septiembre de 2021

BENVID@S A UN NOVO CURSO (2021-22)

Xa estamos en setembro. 
Tras un verán, no que desexamos que cargarades pilas e gozarades del, comeza un novo curso escolar.
 Un mes cuxo significado transcende máis aló do fin de verán. Un mes no que predominan os novos proxectos, propósitos e ilusións; case como un inicio de ano onde tras un merecido descanso, renóvase a enerxía e sénteste capaz de todo. Sexa como sexa este curso escolar non nos vai deixar indiferentes a ninguén. 

Desde aquí moito ánimo a todos e...Feliz volta ao cole!!!

miércoles, 23 de junio de 2021

ALBARES. REVISTA ESCOLAR 2021

Albares. Revista Escolar 2021 by Yolanda Castro on Scribd

martes, 22 de junio de 2021

AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN. PROXECTO ERASMUS+ FESTIVIDADES E TRADICIÓNS

Vídeo realizado dentro do Proxecto Erasmus+ Festivities and Tradicións

 

E CHEGOU A FESTA FINAL

Despois dun ano cheo de normas e tensión, o corpo pedía baile... e houbo baile para a rapazada pequena e mediana. Bailamos, bailamos e bailamos. Que ben o pasaron!

FELIZ VERÁN!

lunes, 21 de junio de 2021

GRADUACIÓN ALUMNADO DE 4º ESO. CPI AS MIRANDAS

Hoxe, nun  emotivo acto despedimos aos nosos  alumnos e alumnas de 4º de ESO.  Unha mestura de satisfacción polo deber cumprido por uns e por outros, e de tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia como membros do CPI As Mirandas. Todos e todas nós quixeramos que este acto de graduación fora máis preto e puideramos abrazarnos, pero como dixo Richard Bach, a amizade e o afecto non dependen de cousas como o espazo e o tempo e aínda que as vosas familias non puideron estar con nós  sentímolas moi preto.

Queremos pedir desculpas pola mala retransmisión en directo, a verdade é que era a primeira vez que faciamos isto virtualmente, pero como todo ten amaño, aquí vos deixamos o vídeo do acto así como os vídeos despedida.

Para rematar querémosvos desexar de corazón toda a sorte do mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas as portas deste, o voso cole.

VÍDEO ACTO DE GRADUACIÓN

VÍDEO DE DESPEDIDA

 VÍDEO PROFES

       

            

              

              

               

               

               

              










jueves, 10 de junio de 2021

PREMIOS DO IV CONCURSO ESCOLAR CANTAMOS CON LAS MANOS

 Hoxe resolvéronse os premios do IV Concurso en Lingua de Signos “Cantamos con las manos” e non podemos estar máis que contentxs polo premio acadado. Parabéns  a todos e todas os que fixéstedes posible este marabilloso traballo  e  en especial a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de LSE polo seu esforzo de  facer partícipe a todo o cole da Lingua de Signos.

Parabéns tamén a todos os centros premiados e aos que acadaron mencións de honor así como a todos os participantes no concurso, que foron moitos.

Grazas ás compoñentes do grupo Tanxugueiras polo vídeo de felicitación, foi unha grata sorpresa.


O NOSO VÍDEO. MIDAS

lunes, 31 de mayo de 2021

CHARLA DE ANXO RAJÓ SOBRE XELA ARIAS

Hoxe tivemos a presenza no noso centro do profesor e escritor Anxo Rajó, que tivemos a sorte de ter como docente no noso cole fai tres anos. Anxo presentou o libro que escribiu sobre Xela Arias  e achegou á rapazada unha visión máis íntima da vida da autora.

Grazas Anxo pola tarde de hoxe!.







CARREIRA SOLIDARIA EN INFANTIL E PRIMARIA

Se a semana pasada  o alumnado de ESO realizaba a xa tradicional Carreira Solidaria,  esta semana tocoulle aos nenos  e nenas de Infantil e Primaria.

Por mor das restricións o alumnado de primaria baixou á praia para non xuntar aos grupos burbulla e acortar a distancia para non afogar coa mascara!  A carreira fíxose ao aire libre nun día espectacular, e fixemos moitos xogos! Pasámolo moi ben, como se pode ver no vídeo que está abaixo.

Os nenos e nenas de Infantil realizaron a súa carreira no patio do  recreo e tamén gozaron un montón!!

Grazas de novo a todos e todas pola vosa solidariedade. Para o ano máis e mellor!!!

CARREIRA  PRIMARIA




CARREIRA  INFANTIL