martes, 14 de junio de 2022

XORNADAS DE INICIACIÓN AO REMO

 Esta semana, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI As Mirandas goza do remo! Preto de 80 estudantes participan nas xornadas de iniciación para coñecer un deporte fundamental en Ares, a súa historia e tamén a técnica que require a súa práctica. Na presentación desta acción, organizada onte, achegáronse ao ergómetro e ás embarcacións, co recibimento no Club Remo de Ares!

👉 As xornadas continuarán ata o venres, con saídas ao mar incluídas, e enmárcanse dentro do programa “Ares e Valdoviño no mar”, que impulsan ambos concellos co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal e GALP GOLFO Ártabro Norte.

#ConcellodeAres #ConcellodeValdoviño #GALP  #FEMP  #CPIAsMirandas #CPIAtios #AreseValdoviñonoMar #Valdoviño #Ares






LIMPAMOS AS NOSAS PRAIAS NO "DÍA DOS OCÉANOS"

 

O alumnado do CPI As Mirandas celebra o Día dos Océanos cunha acción de limpeza nas praias urbanas de Ares.

A actividade materialízase baixo o nome “Mares Circulares”, co-organizada entre o Concello, o noso centro educativo As Mirandas, Coca-Cola e a Asociación Chelonia.

Dende o paseo marítimo do núcleo urbano, veciñanza e visitantes convertéronse en testemuñas da acción que se estivo executando durante a mañá nas diferentes praias que se espallan polo casco de Ares. Alumnas e alumnos do CPI As Mirandas, xunto cos coordinadores da actividade, homenaxearon e reivindicaron o Día dos Océanos -orixinariamente o mércores, 8 de xuño- extraendo dos areais os residuos e refugallos: plásticos, cigarros, envases de xeados, vidros… Entre as 🕙11:30 e 13:30 horas aproximadamente, retiráronse 72,5 kgs de residuos, incluídas máis de 1.600 cabichas tanto ao longo da praia como no propio paseo marítimo, exemplificando o risco de arrastre que presentaban. Entre os datos que se comunicaron hoxe mesmo tamén destaca a alta presenza de plásticos e gomas (cordas, redes, liñas, nasas…), que supuxeron un 60 % do total recollido.

Esta acción é parte da iniciativa “Mares Circulares”, que arrancou previamente no salón de actos da Alianza Aresana cun recibimento dos promotores: o Concello, a través do alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira Lucía Blanco; a Asociación Chelonia, co director de proxectos, Antonio Castro, e Coca-Cola Europacific Partners Iberia, coa presenza da xefa de Comunicación Noroeste, María Sande. Amais da recepción, o alumnado tamén participou nunha charla de sensibilización sobre o impacto dos residuos e a pegada das persoas nos océanos.


14 XUÑO, DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS

Hoxe 14 de xuño celébrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, un día no que se trata de difundir entre a sociedade a lingua das persoas xordas, a súa utilidade e o seu valor, poñendo en coñecemento de todos e todas as cidadáns que as LSE' s son un idioma para a vida e para a convivencia.

Aquí tedes o enlace ao blog Sígnocho Eu do CPI As Mirandas, no que podedes ver algunhas das cousas que facemos no noso cole.

 https://signochoeu.blogspot.com/p/cancions-en-lingua-de-signos.html


 

martes, 7 de junio de 2022

ÉXITO DA IV FEIRA "ECOESCOLARES"

Non podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a IV Feira “ECOESCOLARES”. Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de robótica- unha delicia para os nenos e nenas que o pasaron tremendamente ben-, ao concello de Ares pola infraestructura e a todas as persoas que se achegaron ata a feira: familias, veciños e membros do concello. 

Grazas a todas e todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.


                                                            
 
                                                                   MUIÑEIRA GLOBAL
 

viernes, 27 de mayo de 2022

MORRIÑA

O alumnado de 2º da ESO interpreta en LSE o tema Morriña de Baiuca. Un vídeo organizado e feito en tempo record, pero a rapazada deste curso é incrible e asume calquera reto, sobre todo porque saben traballar en equipo. Algúns deles incluso enviaron a súa parte signada dende Palermo, onde estaban a realizar unha viaxe de Erasmus.

Noraboa rapazada e grazas sempre a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de lingua de signos, por iniciativas tan fermosas.

miércoles, 25 de mayo de 2022

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN

 A ONG Save the Children agradece á implicación de toda a Comunidade Educativa do CPI As Mirandas e de toda a xente da nosa vila  que, coa súa colaboración e solidariedade, fixo posible que puidésemos recadar  a cantidade de 1157,22 € para asegurar as necesidades básicas das nenas e nenos  ucraínos.



GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

 Xa temos gañadores do Concurso de portada de Libros.  Un magnífico traballo coma sempre. 

Parabéns a todas e todos!


1º-2º de primaria    

Anxo García 2º B

Mara Cartelle 2º A

Sabela Miguel 2ºB

Sara Dominguez 1º A


3º-4º de Primaria

Cecilia Costas 3º A

Eimy Fernández 3º B

Valeria Villares 3º B

Alba Filgueira 4ºA


5º-6º Primaria

Oriana Leira e Alicia Salido 6ºB

Erika Saco 6ºB

Ane Uribarri 5ºB

Alba Cartelle 5ºA


Educación Infantil

A clase de  3 anos B


ESO

Sofía Aguilar 1º ESO




        









        











    ENREGA DE PREMIOS AO ALUMNADO GAÑADOR:














ENTREGA DE PREMIOS DO II CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 Na tarde de onte realizouse o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, promovido polo CPI As Mirandas e o Concello de Ares e enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas. Este ano participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas categorías foron Antón Ares Iglesias con “Ollos de Sangue” e Francisco Javier Ferro Igbinosoun con “Xaula mental”. Ambos recibiron o premio consistente nunha tablet/ebook.

 

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Deste xeito, Andrea Rodríguez García con “Sombras escuras”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Sara Cartelle Castro con “A condición” recibíu o segundo premio na categoría de “ESO”.


 Alma Barrón, concelleira de cultura, agradeceu a implicación do CPI As Mirandas por formalizar de novo a súa colaboración coa organización desta iniciativa “que pon o foco na conexión da mocidade co eido literario», dando a noraboa a todos os participantes pola calidade das obras presentadas.



 O xurado extivo composto por Francisca Pérez, responsable da Biblioteca escolar; Rocío Pena, profesora de Historia e Pablo Rañales, periodista e escritor.


Parabéns a todxs xs participantes



martes, 17 de mayo de 2022

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022


Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas ao escritor, editor literario e activista político e cultural do exilio galego en México Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987).

Dentro das actividades propostas para conmemorar este día testacamos:

- O II Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos convocado polo EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares.

-Exposición de cartaces sobre a vida e obra de Florencio Delgado nos corredores do centro.

-Vídeo cos traballos dos nenos e nenas de infantil no que amosan a través dos seus debuxos e recitado de poemas, parte da obra do autor.


-Interpretación do poema "Andan os Paxaros" de Florencio Delgado realizado polas nenas de nenos de 1º de Educación Primaria.

jueves, 12 de mayo de 2022

5 MAIO: DÍA DE HOMENAXE AOS ESPAÑOIS FALECIDOS EN MAUTHAUSEN

 O 5 de maio foi instaurado en España o Día de Homenaxe aos españois  deportados e falecidos en  Mauthausen  e noutros campos de concentración así como a todas as vítimas do nazismo de España.

Neste día lembramos aos miles de españois que perderon as súas vidas no campo de concentración de Mauthausen- Gusen (Austria) entre 1940 e 1945. O así chamado “Campo dos españois” recibiu a máis de 7.000 persoas  do total dos 10.000 españois que estiveron en todos os campos de concentración nazis.

Hoxe alumnas e alumnos de 4º de ESO xunto a Rocío, profe de historia, visitaron o monumento dedicado a eles e que se atopa no parque Rosalía de Castro da nosa vila e fixeron unha ofrenda floral. Con iso queremos recoñecer a importancia de honrar a memoria destes españois como parte fundamental da nosa historia e a de Europa.

Ogallá que páxinas negras como esta non se volvan a repetir.  

Pola paz, sempre...pola paz.



martes, 3 de mayo de 2022

II CONCURSO DE MICRORRELATOS . SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Dentro das actividades propostas para conmemorar o Día das Letras Galegas, o EDLG

 do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares convocamos o

II Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

A continuación tedes as bases e o cartel de actividades programadas polo noso concello para conmemorar esta data.

II Concurso Microrrelatos. Semana Das Letras Galegas 2022