O alumnado do CPI As Mirandas celebra o Día dos Océanos cunha acción de limpeza nas praias urbanas de Ares.
A actividade materialízase baixo o nome “Mares Circulares”, co-organizada entre o Concello, o noso centro educativo As Mirandas, Coca-Cola e a Asociación Chelonia.
Dende o paseo marítimo do núcleo urbano, veciñanza e visitantes convertéronse en testemuñas da acción que se estivo executando durante a mañá nas diferentes praias que se espallan polo casco de Ares. Alumnas e alumnos do CPI As Mirandas, xunto cos coordinadores da actividade, homenaxearon e reivindicaron o Día dos Océanos -orixinariamente o mércores, 8 de xuño- extraendo dos areais os residuos e refugallos: plásticos, cigarros, envases de xeados, vidros… Entre as 🕙11:30 e 13:30 horas aproximadamente, retiráronse 72,5 kgs de residuos, incluídas máis de 1.600 cabichas tanto ao longo da praia como no propio paseo marítimo, exemplificando o risco de arrastre que presentaban. Entre os datos que se comunicaron hoxe mesmo tamén destaca a alta presenza de plásticos e gomas (cordas, redes, liñas, nasas…), que supuxeron un 60 % do total recollido.
Esta acción é parte da iniciativa “Mares Circulares”, que arrancou previamente no salón de actos da Alianza Aresana cun recibimento dos promotores: o Concello, a través do alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira Lucía Blanco; a Asociación Chelonia, co director de proxectos, Antonio Castro, e Coca-Cola Europacific Partners Iberia, coa presenza da xefa de Comunicación Noroeste, María Sande. Amais da recepción, o alumnado tamén participou nunha charla de sensibilización sobre o impacto dos residuos e a pegada das persoas nos océanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario