jueves, 12 de mayo de 2022

5 MAIO: DÍA DE HOMENAXE AOS ESPAÑOIS FALECIDOS EN MAUTHAUSEN

 O 5 de maio foi instaurado en España o Día de Homenaxe aos españois  deportados e falecidos en  Mauthausen  e noutros campos de concentración así como a todas as vítimas do nazismo de España.

Neste día lembramos aos miles de españois que perderon as súas vidas no campo de concentración de Mauthausen- Gusen (Austria) entre 1940 e 1945. O así chamado “Campo dos españois” recibiu a máis de 7.000 persoas  do total dos 10.000 españois que estiveron en todos os campos de concentración nazis.

Hoxe alumnas e alumnos de 4º de ESO xunto a Rocío, profe de historia, visitaron o monumento dedicado a eles e que se atopa no parque Rosalía de Castro da nosa vila e fixeron unha ofrenda floral. Con iso queremos recoñecer a importancia de honrar a memoria destes españois como parte fundamental da nosa historia e a de Europa.

Ogallá que páxinas negras como esta non se volvan a repetir.  

Pola paz, sempre...pola paz.



No hay comentarios:

Publicar un comentario