miércoles, 25 de mayo de 2022

ENTREGA DE PREMIOS DO II CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 Na tarde de onte realizouse o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, promovido polo CPI As Mirandas e o Concello de Ares e enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas. Este ano participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas categorías foron Antón Ares Iglesias con “Ollos de Sangue” e Francisco Javier Ferro Igbinosoun con “Xaula mental”. Ambos recibiron o premio consistente nunha tablet/ebook.

 

Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Deste xeito, Andrea Rodríguez García con “Sombras escuras”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; e Sara Cartelle Castro con “A condición” recibíu o segundo premio na categoría de “ESO”.


 Alma Barrón, concelleira de cultura, agradeceu a implicación do CPI As Mirandas por formalizar de novo a súa colaboración coa organización desta iniciativa “que pon o foco na conexión da mocidade co eido literario», dando a noraboa a todos os participantes pola calidade das obras presentadas.



 O xurado extivo composto por Francisca Pérez, responsable da Biblioteca escolar; Rocío Pena, profesora de Historia e Pablo Rañales, periodista e escritor.


Parabéns a todxs xs participantes



No hay comentarios:

Publicar un comentario