O alumnado de 3º de ESO participou en directo na charla-taller, dirixida a adolescentes por Rafa Guerrero, psicólogo especialista en problemas de xestión emocional. Nela déronnos algunhas claves sobre control emocional, aspectos relacionais, como é o cerebro nesta marabillosa idade de cambio, cal é a diferenza coa infancia e que cousas podemos facer para controlar os impulsos, entender as emocións e non perder a nosa actitude vital.
Un taller interesante, que ofreceu a posibilidade de entendernos a nós mesmos, e tamén ao resto de compañeiros e compañeiras que viven situacións similares.
Ademais a rapazada puido facer preguntas no chat e escoitar as doutros rapaces e rapazas da súa idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario