Esta luns, 15 de decembro, o noso centro viviu unha xornada de profunda reflexión e sensibilidade. O alumnado de 4º e 3º da ESO tiveron o privilexio de recibir aos participantes do proxecto #CruzaSenMirar, unha iniciativa de Tarabela Creativa que conta co apoio do Concello de Ares.
O
obxectivo desta actividade non era outro que tecer unha memoria emocional da
migración en Ares, buscando puntos de conexión entre as distintas xeracións
e realidades que conforman o noso municipio, fomentando así lazos de unión
entre colectivos.
👉Un diálogo entre xeracións e
culturas
A sesión
articulouse en torno a unha conversa aberta e sincera na que participaron:
- Alejandro
e Franco Moreno: Veciños de Ares chegados de Venezuela, que compartiron a súa
experiencia de vida.
- Lucía Regueira: Educadora social.
- A narradora oral uruguaia Soledad Felloza e a poeta india Yamini
Teresa Prabhu: Quen nos agasallaron coa
beleza de versos e contos que conseguiron emocionar a todos os presentes así como coas súas historias de vida.
Xuntos
dialogaron sobre un vínculo fundamental na nosa historia: a unión entre o migrante
retornado e quen chega hoxe
ao noso concello en busca dun lugar onde crecer, traballar e desenvolverse.
👉Unha lección de empatía
O máis
salientable da xornada foi a actitude do noso alumnado. Os mozos e mozas
mantiveron unha ollada atenta e unha escoita activa durante todo o
encontro, demostrando unha gran madurez e respecto polas historias de vida
compartidas.
Grazas a proxectos coma este, as aulas convértense en espazos de empatía onde comprendemos que, máis alá das fronteiras, todos buscamos o mesmo: un fogar e unha comunidade que nos acolla.




.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario