Un ano máis, a nosa comunidade educativa volveu demostrar que a solidariedade non ten límites. Grazas á vosa xenerosidade, xa fixemos entrega de todos os alimentos recadados durante esta Operación Quilo de Nadal.
Unha marea de
solidariedade
Grazas ás vosas achegas,
conseguimos reunir unha gran cantidade de produtos que axudarán a
paliar as necesidades das persoas e familias que máis precisan do noso apoio
nestas datas tan sinaladas.
Dende o colexio queremos
expresar o noso máis profundo agradecemento a:
- Ás familias: Polo voso compromiso constante e por educar
en valores dende a casa.
- Ao alumnado: Por participar con tanta ilusión e aprender
que xuntos podemos cambiar a realidade de moita xente.
- Ao profesorado e persoal: Pola organización e por motivar a
participación nesta campaña.
- Á comunidade en xeral: Por facer que esta rede de axuda sexa cada
vez máis forte.
Un ano máis, a vosa axuda será o mellor agasallo para moitos fogares.
"Moita xente
pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o
mundo."



No hay comentarios:
Publicar un comentario