Un ano máis, e xa van doce , o noso colexio como Centro Embaixador de Save The Children organizou a XII Carreira Quilómetros de Solidariedade.
O alumnado de infantil e 1º e 2º ciclo de primaria realizaron a carreira no parque Rosalía de Castro e o alumnado da ESO e 5º e 6º de primaria fixeron unha etapa que saíndo do colexio percorreu o paseo marítimo e varias rúas da nosa vila.
Desde o noso centro agradecemos a todo o alumnado e profesorado a participación na carreira solidaria e por suposto, á nosa atleta Paula Mayobre, madriña da carreira, por apoiar esta causa e acompañarnos durante todos estes anos.
Grazas tamén as familias por patrocinar coas súas aportacións esta causa, a deportes MARVI pola doazón das medallas, á policía local de Ares e a protección civil.
Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario