lunes, 24 de abril de 2023

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

 Co gallo das actividades para conmemorar o Día Das Letras  Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a  Biblioteca Escolar Carabela organizan a VI Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como  potenciar as capacidades creativas do alumnado.   

                                                                

 

BASES

1.- Dirixido a: Todos os alumnos/as do CPI As Mirandas, que poderán participar cun máximo de 2 obras. En infantil o traballo a presentar será de aula.

2.- Tema: O concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun  libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nome  do autor do libro  ademais da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos , debuxos, distintos tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera xénero: poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o nome e curso do alumno/a participante.

3.- Formato: Tamaño mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo un A3 (29,7x42 cm.)

4.- Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto, composicións feitas con volume e despois fotografiadas, etc.

5.- Soporte: En función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina, cartón, lenzo ou como un arquivo informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.

6.- Data e lugar de entrega: A data de entrega remata o 15 de maio e os traballos se entregarán na biblioteca Carabela do noso centro.

7.-Premios: Outorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios de aula. Con todos os traballos presentados farase unha exposición no centro así como a presentación dos mesmos a través dos blogs do EDLG e da Biblioteca e redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario