O noso centro educativo acolle durante estes últimos días as sesións do obradoiro “Control Off: Claves para previr a violencia de xénero”, unhas formacións que se poñen en relación co 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, e que achegan contidos básicos para traballar a igualdade de xénero entre o alumnado da ESO.
A iniciativa, promovida polo Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ares e o noso centro educativo no marco , afonda nas relacións afectivas saudables, define o concepto de violencia de xénero e divulga múltiples pautas para previla na contorna dixital.
👉 A primeira sesión realizouse o xoves pasado, mais haberá unha segunda esta mesma semana, ambas dirixidas por Rubén Villar Trenco, psicólogo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario