📷 A
Concellaría de Cultura, a través da OMIX, convoca a que será a sétima edición
do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.
📸 O prazo
de presentación das imaxes comeza este mércores, día 18, e permanecerá aberto
ata o sábado 📅 4 de
novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame
poderán facelo enviando as súas fotografías (sendo dúas o máximo establecido)
ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.
📷 As
modalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 12 anos (categoría A) e
unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 13 e os 18 anos
(categoría B). Todos eles deberán estar empadroados en Ares ou ser alumnos do
CPI As Mirandas.
📸 Coa
convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como
contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a
capacidade de observar todo o que lles
rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu
vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos
participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da
súa contorna que consideren parte da súa identidade.
📸 As
fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun
tamaño de 6 a 12 megapíxeles.
📷 No mesmo
correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de
participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se
poderán descargar na páxina web do Concello www.concellodeares.gal .
📸 No caso
de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén
escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.
📷 Así
mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas
mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan
imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.
📸 As
fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún
concurso con anterioridade.
Segundo informou a Concellaría de Cultura, o
xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo
a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.
📷 As
fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do
Concello para o ano 2024, identificando o nome dos autores. Ademais, os
gañadores recibirán un agasallo específico de cada categoría (unha cámara de
fotos ou tablet e un lote de libros).
👉 FORMULARIOS DE INSCRICIÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario