lunes, 11 de diciembre de 2023

TRABALLO POR AMBIENTES EN PRIMARIA

 O traballo por ambientes está baseado, sobre todo, en que o alumnado xogue e experimente con materiais que esperten a súa curiosidade respectando os ritmos de aprendizaxe de cada neno e nena. Este curso volvemos traballar cos ambientes durante a etapa de Educación Primaria. O seu eixe vertebral foi a realización de tres proxectos diferentes: o tempo atmosférico, os xogos olímpicos e a natureza, cada un dos ambientes con actividades e materiais relacionados co proxecto a traballar.

En cada proxecto tivemos a oportunidade de contar con persoas que nos ensinaron e se mostraron partícipes para levar a termo diferentes  actividades, como é o caso de Roberto Brasero, co cal contamos para elaborar entre todos e todas un telexornal chamado “TELEMIRANDAS”.

Tivemos tamén a Álvaro Illobre para dar a coñecer o deporte para- olímpico, sempre é un pracer contar con el, así como con familiares como Pablo o tío de Manuela de 1º, quen tivo a gran fortuna de facer un tramo coa antorcha olímpica nas olimpíadas de Barcelona 92.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario