📷 Onte pola tarde, nunha cerimonia celebrada no salón da Alianza Aresana, anunciáronse os vencedores do VII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares. O evento congregou aos participantes e aos seis finalistas cuxas obras adornarán o calendario municipal de 2024, presentado no mesmo acto.
📸 Os
premios repartíronse en dúas categorías, atendendo á idade dos participantes.
Na Categoría A (de 8 a 12 anos), os gañadores foron Carolina Pereira, Sara
Pereira e Martín Díaz. Doutra banda, na Categoría B (de 13 a 18 anos), os
recoñecementos recaeron en Cristian Campos, Noelia Navas e Candela Fonte.
📸 A
concelleira de Cultura, Alma Barrón, felicitou aos gañadores, e tamén estendeu
as súas felicitacións ao resto dos participantes, eloxiando a diversidade de
perspectivas reflectidas nas imaxes.
📸 Ademais,
a concelleira expresou o seu agradecemento ao xurado composto por Marcos López
Alonso e Yolanda Castro López, así como a toda a comunidade educativa do CPI As
Mirandas polo seu compromiso no certame. A concelleira destacou: "Este
concurso vai máis aló de premiar imaxes, é un reflexo da identidade e memoria
colectiva da nosa localidade".
📸 Os
exemplares do calendario municipal xa están dispoñibles para a veciñanza na
Biblioteca Municipal de Ares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario