Esta semana o alumnado da ESO realizou unha saída pola nosa vila para plasmar coas súas cámaras e dispositivos móbiles algúns espazos da nosa contorna. Desde aquí queremos invitar a toda a rapazada a que siga tomando e aportando fotografías de todos os lugares do noso concello: Ares, Redes, Lubre, Cervás, Chanteiro.... Temos moito que amosar en todos os ámbitos e a vosa perspectiva é fundamental.
Recordade tamén que o prazo para presentar as vosas fotografías ao VI Concurso de Fotografía Xuvenil que organiza o noso concello remata o 4 de novembro ás 20:00 horas
Aquí deixamos un pequeno vídeo do noso percorrido fotográfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario