E como seguimos con moita intriga… puxémonos lapis en man e escribimos unha carta chea de preguntas para os compañeiros e compañeiras de Cádiz.
Con moita ilusión
fomos levala á oficina de Correos e alí, a carteira, moi amablemente
explicounos moitas cousas sobre o percorrido da nosa carta e o tempo que ía
tardar en chegar a Cádiz.
Pero como non podemos parar, mentres esperamos a resposta, comezamos a traballar nas nosas clases por ambientes de aprendizaxe e, por suposto, seguimos aprendendo moitísimas cousas que nos axudarán a resolver o misterio final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario