Hoxe o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu ao concerto que a cantautora MJ Pérez ofreceu no salón de actos da Alianza Aresana dentro das actividades que se están a desenvolver para conmemorar o Día do Orgullo Neofalante.
Un acto no que a rapazada que fai varios anos signou
unha das súas cancións no concurso “Cantando coas mans” puido reencontarse
con ela a acompañala de novo signando a canción “O fío do que pendo”.
Un luxo poder contar con MJ Pérez e vibrar coa súa
música e as súas palabras.
Grazas a área de Cultura e o Servizo de
Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Concellos da Comarca de
Ferrol pola organización deste concerto.
Aquí tedes un pequeno vídeo do acto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario