Como sabedes o noso colexio, o CPI As Mirandas, é centro embaixador de Save the Children. Levamos unha década axudando a través desta ONG á infancia máis desfavorecida en distintos lugares do mundo no que hai conflitos. Neste momento a guerra en Ucraína estase cebando cos máis vulnerables, entre os que se atopan as nenas e os nenos. Por elo, o alumnado de ESO propuxo unha acción solidaria destinada a recadar fondos para a infancia de Ucraína.
Pero mellor que vexades este vídeo onde explican a súa proposta.
Tamén as rapazas e rapaces de 1º de ESO quixeron poñer voz ao seguinte manifesto que foi escrito, polas nenas e nenos de Mali, Sudán, Colombia, Yemen e Siria, países en conflito. Nel se expresa o que pensan das guerras e fan un chamamento aos dirixentes para que tomen medidas XA, porque todas as guerras son guerras contra a infancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario