jueves, 10 de marzo de 2022

ACTO NA RÚA NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dentro dos actos que se están a levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas xunto co Centro de Información á Muller (CIM), a Concellería de Igualdade e Benestar e a veciñanza realizamos hoxe unha marcha reivindicativa  para expoñer a importancia da igualdade entre homes e mulleres e a necesidade de visibilizar e eliminar a violencia machista na nosa sociedade.

 A marcha partiu ás 14.00 horas do colexio  e percorreu o núcleo da vila para finalizar na Praza da Constitución coa lectura, por parte do alumnado, dun manifesto  a prol da participación activa e igualitaria da muller no tecido social.

As mozas e mozos alzaron a voz cun manifesto consensuado e achegaron as súas visións e críticas en materia de igualdade de xénero.

 José Luis Castro, psicólogo do CIM de Ares, expuso tamén a idea dunha igualdade de xénero aínda por obter na nosa época. “Aínda seguen existindo obstáculos para acabar cos desequilibrios históricos nos que fai pé a discriminación”, segundo as palabras de Castro, ao mesmo tempo que defendeu o papel do “fogar e a escola coma espazos básicos para transformar a nosa sociedade e traballar a prol dunha igualdade real”.

 A marcha concluíu coa mirada posta na actual situación internacional, especificamente no conflito bélico que se está a producir en Ucraína salientando que a idea de que “a violencia nunca é o camiño para conseguir nada. Non podemos ser impasibles ante a dor das mulleres e nais que foxen coas súas fillas e fillos da guerra. Dende aquí gritamos con rotundidade Non á guerra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario