O 8M permitirá que a nosa comunidade educativa o Concello e a veciñanza de Ares participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista.
Dende o ente municipal promoveranse dúas marchas, un total
de 28 charlas dentro do proxecto Control Off e, no eido cultural, o monólogo de
educación afectivo-sexual levado a cabo por Patty Diphusa.
A primeira das marchas reivindicativas organizarase o
próximo xoves, 10 de marzo, ás 14.00 horas, e conectará a tódolos cursos do CPI
As Mirandas, ás asociacións de Amas de Casa de Ares e Concepción Arenal e ao
Concello. Percorrerá o núcleo urbano da vila dende o colexio ata a Praza da
Constitución, con lectura dun manifesto por parte do alumnado, e suporá a
terceira edición desta iniciativa.
A esta marcha súmase a xa planificada para o sábado, 12 de
marzo, “Móvete pola Igualdade”, que permitirá á veciñanza defender a inclusión
da muller na sociedade a través da práctica deportiva. Non obstante, no evento
poderán participar todas as persoas que o desexen, homes e mulleres, sempre e
cando sexan maiores de 12 anos.
A maiores destes eventos, o Centro de Información á Muller
(CIM) e o CPI desenvolverán un amplo proxecto de obradoiros para previr a
violencia de xénero dende este mes de marzo, co gallo do 8M, ata final do curso
académico. Os obradoiros Control Off chegarán á localidade financiados entre o
Concello e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e axudarán ao
alumnado da ESO a aproximarse ás relacións afectivas saudables; a definir e
identificar a violencia de xénero ou a establecer mecanismos de prevención
desta violencia na contorna dixital, sempre dende unha metodoloxía
participativa e aberta ó debate.
#ConcellodeAres #CPIAsMirandas#CIMAres#DíaInternacionaldaMuller #8M #DíadaMuller #ConcellariaBenestarIgualdadeAres #ConcellariaCulturaAres
No hay comentarios:
Publicar un comentario