Hoxe seguimos co noso proxecto “Activistas polo mundo que queremos” e tivemos un obradoiro de radio impartido por Rocío e María no que os cursos de 1º e 2º da ESO gravaron os seus programas de radio.
Pero antes da gravación, Rocío nos
deu algúns consellos e técnicas para preparar e mellorar as nosas voces, así
como unha mini clase sobre o que tiñamos que saber para realizar o programa. De seguido comezamos as gravacións.
Todos os grupos tiñan preparadas
as súas reportaxes que estiveron realizando durante varias semanas. A verdade é que estes rapaces e rapazas
fixeron un magnífico traballo de investigación para realizar os seus guións de
radio nos que incluíron entrevistas, testemuños, estatísticas ou comentarios
reflexivos. Temas como o medio ambiente,
a igualdade, os microracismos, os
dereitos do colectivo LGTBI ou o activismo en xeral foron parte dos contidos
que trataron.
Nas entrevistas que realizaron
para as reportaxes contaron coas
testemuñas e aportacións de persoas como Javier Cristobo (biólogo e
científico), Paula Mayobre (atleta), Cristina Correa (activista e cooperante
en Uganda), Jon Rodríguez (escritor, articulista e activista LGTBI), Conchi
Ramil (vicepresidenta do Padroado Concepción Arenal -Casa de Acollida de
Mulleres Maltratadas e Exclusión Social de Ferrol), Celsa Formoso (Presidenta
da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina) ou Juan Carlos Rey
(mariñeiro de Ares). A todos eles lles damos as máis efusivas grazas por
atender á chamada do noso alumnado e colaborar con eles sempre que os precisan.
En breve colgaremos os podcast de
radio e poderedes gozar co seu traballo.
Ata entón... un pouco de
suspense!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario