FESTIVAL DE NADAL
Educación Infantil
Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...
Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:
FESTIVAL DE NADAL
Educación Infantil
Os Reis Magos nos acompañaron despois da nosa actuación...
Nadal de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:
Un ano máis quixemos felicitar ás persoas maiores usuarias do Centro de Día de Ares. A rapazada da ESO elaborou felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole (un quebracabezas, un dominó, un tres en raia e un xogo de memoria) para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Elas merecen o mellor e, sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.
Grazas a Felipe, o profe de tecnoloxía, por axudarnos na elaboración dos xogos e a todas as rapazas e
rapaces por esas postais tan fermosas.
Desexámoslles unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo
cardadiño de saúde e saudade para todas e para
o persoal que tan ben coida delas.
Hoxe entregamos os alimentos recollidos na Operación Quilo de Nadal.
Un ano máis a vosa solidariedade paliará as
necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós.
Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa
aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.
BO NADAL
Compartimos información sobre o Museo do Humor Xaquín Marín, museo de humor gráfico único en Galicia e un dos poucos que existen no mundo.
Folleto Museo Humor Xaquín Marín by veracruces on Scribd
O traballo por ambientes está baseado, sobre todo, en que o alumnado xogue e experimente con materiais que esperten a súa curiosidade respectando os ritmos de aprendizaxe de cada neno e nena. Este curso volvemos traballar cos ambientes durante a etapa de Educación Primaria. O seu eixe vertebral foi a realización de tres proxectos diferentes: o tempo atmosférico, os xogos olímpicos e a natureza, cada un dos ambientes con actividades e materiais relacionados co proxecto a traballar.
En cada proxecto tivemos a oportunidade de contar con persoas que nos ensinaron e se mostraron partícipes para levar a termo diferentes actividades, como é o caso de Roberto Brasero, co cal contamos para elaborar entre todos e todas un telexornal chamado “TELEMIRANDAS”.
Tivemos tamén a Álvaro Illobre para dar a coñecer o deporte para- olímpico, sempre é un pracer contar con el, así como con familiares como Pablo o tío de Manuela de 1º, quen tivo a gran fortuna de facer un tramo coa antorcha olímpica nas olimpíadas de Barcelona 92.
Comezamos este curso con moita choiva e borrascas!. Tanto vento fixo que ata os mapas do Brasero desapareceron…
Por suposto,todo o alumnado de primaria, decidimos axudalo investigando sobre o universo, o noso planeta e os fenómenos atmosféricos. O resultado foi o telexornal “Tele Mirandas”.
Desexamos que vos guste tanto como a nós facelo.
📷 Onte pola tarde, nunha cerimonia celebrada no salón da Alianza Aresana, anunciáronse os vencedores do VII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares. O evento congregou aos participantes e aos seis finalistas cuxas obras adornarán o calendario municipal de 2024, presentado no mesmo acto.
📸 Os
premios repartíronse en dúas categorías, atendendo á idade dos participantes.
Na Categoría A (de 8 a 12 anos), os gañadores foron Carolina Pereira, Sara
Pereira e Martín Díaz. Doutra banda, na Categoría B (de 13 a 18 anos), os
recoñecementos recaeron en Cristian Campos, Noelia Navas e Candela Fonte.
📸 A
concelleira de Cultura, Alma Barrón, felicitou aos gañadores, e tamén estendeu
as súas felicitacións ao resto dos participantes, eloxiando a diversidade de
perspectivas reflectidas nas imaxes.
📸 Ademais,
a concelleira expresou o seu agradecemento ao xurado composto por Marcos López
Alonso e Yolanda Castro López, así como a toda a comunidade educativa do CPI As
Mirandas polo seu compromiso no certame. A concelleira destacou: "Este
concurso vai máis aló de premiar imaxes, é un reflexo da identidade e memoria
colectiva da nosa localidade".
📸 Os
exemplares do calendario municipal xa están dispoñibles para a veciñanza na
Biblioteca Municipal de Ares.
Neste “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero” no CPI As Mirandas o alumnado e profesorado da ESO reunímonos nun acto no que, alumnas e alumnos de 4º da ESO, deron lectura a dous manifestos a través dos cales quixemos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada como é a violencia de xénero, así como recordar que se debe seguir insistindo en campañas de prevención, informando e previndo desde todos os ámbitos da sociedade: desde a familia, cunha educación en igualdade, desde os colexios, cunha coeducación real, desde o traballo e desde os poderes políticos.