A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas e no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas , puxeron en marcha unha xornada de deporte inclusivo.
A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas entrou en contacto directo co deporte inclusivo realizando actividades como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.
Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO respostaron vivíndoo directamente na contorna do Porto.
Os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia. Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario