viernes, 12 de junio de 2020

4RR454ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45 (ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos. 

O noso alumnado de 3º estivo preparándose con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco problemas cós que a organización os retou.  Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar, así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas, e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola acollida no Fragas Do Eume.  
Este ano a publicación dos gañadores retrasouse pola situación provocada pola pandemia pero por fin xa o sabemos... e o noso equipo de 3º Académicas proclamouse gañador desta edición. Noraboa a todas as rapazas e rapaces polo ben que o fixeron!!!!!  Non poderán desfrutar do premio de pasar unha fin de semana nunha cidade do norte de Portugal pola situación que estamos a atravesar pero deben estar moi orgullosos por todo o que fixeron, e saber que a vida porá nos seus camiños moitas oportunidades de xogar coas Matemáticas. Esperamos xa con moitas ganas a VI Edición de Matemáticas Na Raia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario