sábado, 27 de febrero de 2016

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O martes 23 os alumnos de 5º e 6º de E.P. tivemos a visita da autora Érica Esmorís gañadora do premio Merlín 2015 co seu libro Nena e o mar. Foi unha sesión moi amena, falamos do seu libro (que estamos a ler),tamén un pouco da súa vida. Contounos que sempre lle gustaron os animais, o mar e escribir(É veterinaria).Escoitamos tamén a banda sonora que se fixo para este libro (o seu mozo é músico). Para rematar fixémoslle moitas preguntas as que ela respondeu con agrado.

jueves, 25 de febrero de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA

Raúl, o noso home do tempo desta fin de semana, preséntanos como serán as previsións aínda que xa vos avisamos que teñades a man roupa de abrigo e paraugas!!!!.

 

miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA: HOMENAXE A NOSA POETISA

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do seu nacemento , unha das maiores referentes da nosa literatura. E para homenaxeala realizamos unha morea de actividades: O alumnado e profesorado de secundaria realizou un envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os seus terminais móbiles baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte: “Trocando en sonrisas / queixiñas e choros”, e o enviaron a través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.
 O alumnado de primaria elaborou e enviou unha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e coa estrofa de “Alborada” de Cantares gallegos: “ Canta, paxariño alegre...”. Tamén fixemos unha serie de vídeos con poemas da nosa poetisa e a na clase de música da profe Lara cantaron os seus versos. Aquí vos deixamos os vídeos deste excelentes traballos. Esperamos que vos gusten e.... VIVA O DÍA DE ROSALÍA!!!! 

                                           
                      

martes, 23 de febrero de 2016

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "GALICIA, AUGA E LITERATURA"




Convócase o II Concurso de Fotografía "Galicia, Auga e Literatura", patrocinado por Viaqua.
Podedes participar cos vosos alumnos enviando os traballos ata o próximo 10 de maio ao seguinte enderezo:



II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura”
La Voz de Galicia
Departamento de Marketing
Polígono Industrial de Sabón
Avenida da Prensa, 84 – 85 15143 Arteixo (A Coruña)

O que se busca con este concurso é achegar a literatura galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez que se conciencia sobre os usos e beneficios desta.
E como se consegue isto?. Os alumnos deberán elixir un poema ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon, respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense).

Se tes calquera dúbida, xa podes consultar as bases do concuso que tes acontinuación:



lunes, 22 de febrero de 2016

Fisioterapia contra a parálise cerebral

O método 'therasuit' produce grandes beneficios contra patoloxías neuronais. Marcos e Candela, dous exemplos de esforzo e superación persoal. Desde aquí queremos darlles moitos ánimos porque son estupendos.

NÓS TAMÉN CREAMOS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQOeditora convocan, un curso máis, a V edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O certame está dirixido a alumnado de educación infantil e de primeiro a cuarto de educación primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 8 de marzo. Atoparedes máis información en:
 http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0029/edicion-dos-premios-curtas-animacion-galego-emnos-tamen-creamosem

jueves, 18 de febrero de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO PARA A FIN DE SEMANA DO 19 DE FEBREIRO

Nerea outra das nosas reporteiras do tempo  móstranos as previsións de cara a esta fin de semana. Chover, choverá menos que a semana pasada, pero o frío non hai quen no lo quite do corpo. Como dí o refrán desta semana... "en febreiro sete capas e un sombreiro". Boa fin de semana.

          

jueves, 11 de febrero de 2016

PREVISIÓN DO TEMPO DESTA FIN DE SEMANA

Despois destes días de Entroido e Carnaval pasados por auga e cunha borrasca que deixou tras de si un forte temporal de vento e choiva, deixámosvos a previsión cara esta fin de semana. Seguiremos con choiva e..... Se queredes saber máis podedes ver o vídeo  de Lucía, a nosa presentadora desta semana.
                 

sábado, 6 de febrero de 2016

ENTROIDO NO CPI CONDE DE FENOSA

Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que se viviu no cole a celebración do Entroido 2016, neste fantástico venres no que o sol e o bo tempo, nos acompañou en toda a xornada. Como se de un tunel do tempo se tratase, pola rúa pasaron personaxes de todas as épocas: celtas, romanos, gregos, exipcios, cabaleiros e damas medievais, piratas,  astronautas  e ata os mísmisos homes e mulleres dos anos 20.
Todo elo acompañados da fabulosa Charanga “A Parranda” formada por alumnos e alumnas da ESO, que nos amenizaron o percorrido con unhas magníficas pezas galegas.

       
O remate do desfile degustamos produtos de entroido:orellas, freixos, rosquillas, buñuelos.... Unha xornada estupenda. En hora boa a todos, e aquí vos deixamos un pequeno vídeo  desta data.


                            

jueves, 4 de febrero de 2016

PREVISIÓN METEOROLÓXICA PARA A SEMANA DE ENTROIDO

Vera, a nosa reporteira do tempo desta semana, amósanos o tempo que nos espera para estes días de Entroido e Carnaval. Creo que estamos de sorte e mañá venres non choverá, polo que poderemos lucir os nosos disfraces no desfile que realizaremos pola nosa vila.
Aproveitamos para desexarvos a todos e todas unhas felices e divertidas mini vacacións de Entroido.