A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas. Se queres coñecelos e ao mesmo tempo divertirte, pica na foto.
jueves, 29 de septiembre de 2011
miércoles, 28 de septiembre de 2011
PARA QUE SERVE O GALEGO
Unha fermosa reflexión que atopamos na rede e coa que nos comprace iniciar o novo curso:
lunes, 26 de septiembre de 2011
DESCARGA GRATUITA DE CALENDARIOS
Se queredes descargar calendarios para anotar os vosos exames, as datas de interese ou ir riscando os días que pasan para que cheguen as próximas vacacións, só tedes que picar nos enlaces seguintes e descargalos.
domingo, 18 de septiembre de 2011
...BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2011-2012
Xa pasaron as vacacións e, de novo, o colexio abre as súas portas. Empezamos un novo curso, con moitos proxectos, moitas cousas fantásticas que aprender xuntos e tamén con moito traballo.
Un curso máis cargado de ilusión, con moitas ganas de levar a bo termo os proxectos do noso Centro, no que esperamos seguir como ata agora contando coa vosa axuda e colaboración.
Periodicamente irán aparecendo no noso blogue, novas entradas que esperamos vaiades lendo e comentando. Parécenos que pode ser útil para todos.
Por iso, a todos, pais e nais, mestres e mestras,profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado
FELIZ CURSO 2011-2012!
Ánimo..., estudar e gozar no voso centro educativo.
E agora, que mellor maneira de empezar que lendo un poema e escoitando unha versión do mesmo cantada polo cantautor galego Luís Emilio Batallán. É unha pequena homenaxe a un dos nosos grandes escritores galegos, Álvaro Cunqueiro.
Espero que vos guste e vos anime a ler algo máis deste gran xenio da nosa literatura.
QUEN PUIDERA NAMORALA
No niño no vó do vento
hai unha pomba dourada.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo
A. Cunqueiro.
hai unha pomba dourada.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.
Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio.
Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo
A. Cunqueiro.
sábado, 9 de julio de 2011
TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO DO NOSO CENTRO NA MATERIA DE TECNOLOXÍA
Aquí podedes ver os traballos que o alumnado da ESO realizou na materia de tecnoloxía. Sinalar ademais que neste curso os alumnos/as de 3º e 4º da ESO acadaron o 1º Premio no concurso de robótica de Galicia organizado por IGACIENCIA na localidade lucense de Burela.
Por último destacar a mención especial no "I Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos" organizado pola SGAPEIO ao traballo ‘Estudo de mercado: viabilidade da venda de bocadillos e bebidas nos recreos’ da autoría de Almudena Sar Coira, Julia Muíños Marcos, Borja Vilasánchez Rodriguez e Alejandra Díaz Martínez e coa profesora de tecnoloxía María Estraviz Lourido como titora. Podedes ver a noticia picando no seguinte enlace: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_06/noticia_0113.html
viernes, 24 de junio de 2011
Recoñecemento aos alumnos/as do noso centro
O pasado mércores tivemos no salón de actos do noso colexio unha xornada moi emotiva. Dita xornada consistíu nun acto de recoñecemento a varios alumnos/as destacados do noso centro.
Por unha banda a Comunidade Educativa do CPI "Conde de Fenosa" rendíu un afectivo homenaxe a Benjamín Fernández Barros, o noso Benji, que foi premiado pola Xunta de Galicia co Premio ao Esforzo e á Superación Persoal (2009-2010).
Tamén tivemos como protagonistas aos finalistas do Concurso de relato curto en galego organizado por Coca-Cola: Marina García Canedo, Julián Sixto Sánchez e Roberto Rivas Couce. Ademais Xaime Redondo Castro de 4º ESO recibíu de máns de representantes da ANPA o premio como gañador do II Concurso de Fotografía organizado pola ANPA en colaboración co noso centro.
Por último destacar a mención especial no "I Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos" organizado pola SGAPEIO ao traballo ‘Estudo de mercado: viabilidade da venda de bocadillos e bebidas nos recreos’ da autoría de Almudena Sar Coira, Julia Muíños Marcos, Borja Vilasánchez Rodriguez e Alejandra Díaz Martínez e con María Estraviz Lourido como titora. Podedes ver a noticia picando no seguinte enlace: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_06/noticia_0113.html
miércoles, 22 de junio de 2011
Por fin!! As fotos dos gañadores e gañadora do concurso de Coca-Cola "relato curto en galego"
Marina recibiu un segundo premio.
A Julián premiárono con un cuarto premio
Roberto recibiu un sexto premio
UN ÉXITO ROTUNDO DOS VOSOS COMPAÑEIROS.
viernes, 10 de junio de 2011
jueves, 9 de junio de 2011
ENTREGA DE PREMIOS II EDICIÓN DO PREGUNTÓN
Noraboa aos gañadores e participantes da II Edición do Preguntón.
Blanca, a xefa de estudos entrega o premio aos gañadores, Martín e Julián de 2º da ESO
Algúns dos finalistas de esta 2º edición do Preguntón
martes, 31 de mayo de 2011
Serafín Marcos demostra empiricamente que Lois Pereiro aínda vive connosco
Lois Pereiro ofrece unha poesía profunda, difícil, hermética que distancia os lectores e evita unha identificación inmediata e directa. Esa é a percepción que recollemos todos. Ben, todos non, Serafín Marcos, non. Este home, que xa é a segunda vez que nos visita, é un mago da poesía. Capta a esencia da mensaxe, o ritmo musical de cada verso, a plasticidade da idea, …
A sorpresa, o ritmo frenético, a combinación de recursos (escenificación, imaxes, música, movemento, …) convértese nunha estratexia modelo para achegar a poesiá ao alumnado. Xamais pasa de incógnito a interpretación de Serafín. O rabecho de pelo que nos deixa cada ano redondea una performance xenial.
Ánimo, Serafín!! Sigue con esa enerxía transgresora.
O vídeo da actuación é unha excelente mostra do seu xenio artístico.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







