Aquí vos deixamos unha serie de recursos sobre Rosalía de Castro que podedes utilizar co voso alumnado.
lunes, 10 de febrero de 2025
RECURSOS DÍA DE ROSALÍA 2025
jueves, 30 de enero de 2025
DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2025
Hoxe 30 de xaneiro, o noso colexio celebrou o Día Escolar da Paz e da Non Violencia cunha serie de actividades que nos uniron a todos e todas na busca dun mundo mellor. A xornada comezou coa elaboración dun fermoso mural que representaba un tren da paz. Cada vagón levaba unha mensaxe especial, un recordatorio de que a paz se constrúe a través do respecto e a comprensión. Os alumnos e alumnas colaboraron na creación deste símbolo de unión e esperanza.
A continuación, un grupiño de alumnos/as
representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz onde nos
comprometemos a ser embaixadores da paz no noso día a día. A celebración do
Día Escolar da Paz e da Non Violencia non só nos recordou a importancia de
vivir en harmonía, senón que tamén nos inspirou a seguir traballando xuntos por
un mundo mellor.
Para pechar a celebración, todos xuntos
cantamos a fermosa canción “A peor xogada”, composta no CEIP de Caión. Ao ritmo
desta melodía, os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir unha
poderosa mensaxe: respectando as diferenzas e valorando a súa riqueza, podemos
camiñar xuntos. Non hai muro que nos separe se estamos unidos na busca da paz.
CANCIÓN
jueves, 23 de enero de 2025
UN CONTO COLABORATIVO PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Os alumnos do CPI Virxe dá Cela e o CPI As Mirandas uníronse nunha actividade colaborativa para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Esta centrouse na interpretación dun conto que transmitía unha poderosa mensaxe: a pesar dos conflitos e guerras que existen no mundo, sempre hai esperanza para construír un futuro en paz.
A través da interpretación, os alumnos non só mergulláronse no relato, senón que tamén reflexionaron sobre a importancia da paz e a non violencia nas nosas vidas cotiás e lograron transmitir unha mensaxe clara: aínda que o mundo enfronte desafíos, sempre hai espazo para a esperanza, a colaboración e o soño dun mundo en PAZ.
lunes, 23 de diciembre de 2024
ACTIVIDADES DE NADAL.
O último día de clases antes das vacacións de Nadal foi, sen dúbida, un día cheo de alegría e diversión no noso colexio. O alumnado de ESO reuniuse para celebrar o peche do trimestre cunha serie de actividades que fixeron que todos nos sentiramos como verdadeiros protagonistas dunha festa.
A xornada comezou coa esperada Gimkana de Nadal, onde a rapazada, organizada en grupos, lanzáronse a superar unha serie de probas divertidas e desafiantes. Desde xogos de habilidade ata enigmas.Cada actividade estaba deseñada para fomentar o traballo en equipo e, sobre todo, para gozar. A emoción sentíase no aire, e cada grupo competía con entusiasmo por ser o mellor.
Logo da entrega de premios ao grupo gañador e como peche da xornada o alumnado preparou un mini concerto que deixou a todos os presentes cun sorriso.. Non só escoitamos, senón que tamén nos unimos á celebración cantando e bailando.
Así, coa promesa dunhas merecidas vacacións, despedimos
o trimestre
Felices festas a todos! Vémonos no novo ano
con máis enerxía e ganas de seguir aprendendo xuntos
domingo, 22 de diciembre de 2024
miércoles, 18 de diciembre de 2024
VISITA NAVIDEÑA AO CENTRO DE DÍA AFAL DE ARES
Onte quixemos visitar e felicitar ás persoas usuarias do Centro de Día AFAL de Ares. A rapazada da ESO elaborou felicitacións personalizadas para cada unha delas cunha dedicatoria moi especial. Ademais agasallámolos cunha serie de xogos feitos no cole para que pasen algúns dos seus ratiños entreténdose con eles. Rematamos cantando panxoliñas e… a Rianxeira que tanto lles gusta!.
Tamén pasamos pola
oficina de correos para enviar, como todos os anos, as postais para as persoas
do Centro de Día de Maiores en Caamouco. Todos elas e eles merecen o mellor e,
sobre todo, que nos lembremos do moito que lles debemos.
Desexámoslles unhas
Felices Festas e un próspero Ano Novo cardadiño de saúde e saudade para todas e
para o persoal que tan ben coida delas.
lunes, 16 de diciembre de 2024
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NA OPERACIÓN QUILO DE NADAL
Un ano máis a vosa solidariedade paliará as necesidades das persoas que máis necesitan a axuda de todas e todos nós. Graciñas familias, alumnado, profesorado e comunidade en xeral pola vosa aportación, pola vosa solidariedade e polo voso apoio nesta campaña.
AMBIENTES DE APRENDIZAXE. 1º CICLO DE EP
Os ambientes de aprendizaxe son a cúspide final de organizar unha serie de actividades manipulativas sobre o proxecto levado a cabo este trimestre. Dividido en diferentes ambientes: cifras e letras, os oficios, ecosistemas e arte en Ares.
viernes, 13 de diciembre de 2024
ARES CON OLLOS DE NENOS E NENAS
Con este título queremos resaltar o resultado do traballo realizado polos nenos e nenas do 1° ciclo do CPI As Mirandas despois dun proceso de investigación en torno a súa vila e parroquias.
Coa súa ollada infantil pretenderon achegar a súa vila a aqueles nenos e nenas que a visiten.
Este tríptico será entregado ao concello e á
oficina de turismo despois da súa petición.
viernes, 6 de diciembre de 2024
ENTREGA DOS PREMIOS DA VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES
O xoves 5 de decembro no salón de actos da Alianza Aresana, e coa presenza da concelleira Alma Barrón así como do fotógrafo Marcos Alonso e as profesoras Belén Morón e Yolanda Castro en representación do noso colexio, foron entregados os premios da VIII edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares.
O xurado tivo a difícil tarefa de elixir entre
todas as fotografías presentadas, as que ilustrarán o calendario do Concello para este próximo ano
2025, calendario que se presentou no acto.
As fotografías de Laura, Clara, Leo, Martina,
David e Mariana, gañadoras e finalistas da oitava edición do Concurso de
fotografía Xuvenil Concello de Ares, locen así de ben no almanaque.














