viernes, 8 de marzo de 2024

CPI AS MIRANDAS. 8M. DÍA DA MULLER. SEMENTANDO IGUALDADE

O alumnado e o profesorado do CPI As Mirandas reunímonos un ano máis para recordar que a igualdade real e efectiva está no noso ideario, recordar os retos que temos pendentes, coller forza para afrontalos colectivamente e, sobre todo, para celebrar eses pequenos pasos que, dende hai máis de 150 anos, imos dando, paso a paso e sempre cara diante, para construír un mundo máis libre e igualitario.

Temos claro que esta non é unha tarefa que se acade cun día ao ano, e por iso queremos que o 8M serva como inspiración para traballar pola igualdade os 365 días do ano.


miércoles, 6 de marzo de 2024

ÁLVARO ILLOBRE VISITA O CPI AS MIRANDAS

 En primaria seguimos traballando por ambientes e dentro do  proxecto “Xogos Olímpicos”  tivemos o pracer de contar co gran deportista aresán Álvaro Illobre que achegou ao alumnado o deporte adaptado.

Contounos como foron os seus comezos deportivos na pista do cole ata chegar a participar en dúas paraolimpiadas!

Grazas Álvaro! por facernos entender que con esforzo e paixón podemos alcanzar e loitar polos nosos soños!












martes, 5 de marzo de 2024

EXPOSICIÓN 8M: SEMENTANDO IGUALDADE

Na entrada de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, a música... Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, Belén Toimil, Luz Casal, Mabel Rivera entre outras, son algunhas das mulleres protagonistas desta exposición.


8 M. "O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE

 "O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.

O Mundo Das Cores by yolick20003194


AQUÍ VOS DEIXAMOS O CONTO NARRADO POLO ALUMNADO


viernes, 1 de marzo de 2024

TRABALLO POR AMBIENTES EN PRIMARIA

 O traballo por ambientes continua este curso 23/24. Son propostas estimulantes e divertidas que amplían as oportunidades de experimentación e investigación do que estamos a traballar.

 Velaí deixamos uns vídeos sobre o que estamos a traballar.

viernes, 23 de febrero de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

 Hoxe  23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento dunha das maiores referentes da nosa literatura. E para homenaxeala o alumnado do cole realizou unha lectura da súa obra a carón do mural que fixeron os alumnos da ESO.


O alumnado de 1º de ESO leu o manifesto que a Asociación de escritores e escritoras   en Lingua Galega difundiu neste día.


Tamén os pequenos de primaria colorearon debuxos coa cara de Rosalía para decorar a súa aula.  



Os pequerrechos de infantil recitan a Rosalía


O alumnado do terceiro ciclo de primaria realizou un precioso mural para conmemorar o Día de Rosalía e uniuse ao recitado colectivo da súa obra.




Un día para recordar á escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas que asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

jueves, 22 de febrero de 2024

EXPOSICIÓN 11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca  queremos contribuír á visibilización do labor de diferentes mulleres ao longo da historia no ámbito científico, polo que vos ofrecemos unha mostra dos seus traballos na escolma bibliográfica do acceso á Biblioteca. Non vola perdades!


miércoles, 21 de febrero de 2024

SPORURAL. EN CONTACTO CO DEPORTE INCLUSIVO

A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas e no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas , puxeron en marcha  unha xornada de deporte inclusivo.

 A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas  entrou en contacto directo co deporte inclusivo realizando actividades como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.

 Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO respostaron vivíndoo directamente na contorna do Porto.

Os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia.  Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.

 




viernes, 16 de febrero de 2024

QUE BONITO É O AMOR!

 San Valentín xa pasou, pero as palabras quedaron...


QUE BONITO É O AMOR! de Bárbara Sánchez Lorenzo

viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO DE CINE NO CPI AS MIRANDAS

Aínda que este ano o tempo non nos acompañou para que puidésemos desfilar polas rúas de Ares, non deixamos de celebrar o noso tradicional entroido. Este ano a temática foi de cine, nunca mellor dito. Polo pabillón do cole desfilaron personaxes de emblemáticas películas de todos os estilos: Robin Hood, Piratas do Caribe, Karate Kid, Air Bud, Mary Popins, 101 Dálmatas, Charlie e a fábrica de chocolate, Mario Bros, Os Pitufos, Loca académia de policía...acompañados dun grande equipo técnico de profes.

Rematamos a xornada degustando uns riquísimos doces de entroido: orellas, freixos, rosquillas, chocolate.... Unha xornada estupenda!.

 En hora boa a todas e todos, e aquí vos deixamos uns pequenos vídeos da xornada.


jueves, 1 de febrero de 2024