Un ano máis o noso cole sumouse á tradición do Samaín con
diferentes actividades: decoración de cabazas, de portas de aula, obradoiro de
maquillaxe...
Inxeniosas cabazas realizadas polo alumnado de infantil e
primaria expuxéronse ao longo dos corredores do cole.
Por outra banda o alumnado da ESO mostrou a súa grande
creatividade no concurso “Reto de decoración de portas” consistente en decorar
en 50 minutos, na hora de titoría, a súa porta da clase coa temática do Samaín.
Para a semana o maquiavélico tribunal avaliador valorará que grupos serán os
gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de araña, morcegos, cabazas
ou meigas....
Grazas ao premio conseguido
no Concurso Escolar ONCE os alumnos/as de 2º de ESO puidemos realizar unha actividade
super chula da man de AMI ( Asociación de Montañeiros Independentes). Así, o luns
28 fomos ao rocódromo de Riazor onde puidemos realizar escalada da man de Mariquiña,
Jorge e Cristina.
Primeiro explicáronnos
as distintas modalidades dos deportes de montaña e proxectáronnos un vídeo dunha
expedicióndun
membro de AMI ao K2.Tamén déronnos nocións básicas de material e seguridade antes
de comezar coa prática da escalada no rocódromo.
Foi unha actividade
xenial e divertida tanto, que quedamos con gañas de volver a repetir a
experiencia.
Un ano máis participamos no programa Ondas de Ilusións, unha campaña de
sensibilización escolar que ten como obxectivo o coñecemento do medio mariño, a
contaminación dos plásticos no mar, o cambio climático e biodiversidade, a
pesca sustentable e os recursos pesqueiros. Lévase a termo nas rías do Golfo Ártabro
Norte, traballando nos municipios que teñen saída ao mar de Ares, Cabanas,
Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume.
Logo de ter suspendida a nosa excursión
durante dous días por mor do mal tempo, o luns 7 de outubro a meteoroloxía
deunos unha tregua e puidemos realizar a saída cun tempo fabuloso. Fixemos unha viaxe polo río Eume en Kaiak e
tamén un obradoiro de reciclaxe.
Pasámolo en grande e podemos dicir que foi
unha moi boa experiencia!!!
O mércores 16 de outubro visitáronos dúas monitoras de Stop accidentes para
impartir un obradoiro sobre seguridade vial.
O obxectivodas Aulas Activas de Seguridade Vial e a
adquisición de actitudes e conductas viais responsables que propicien a toma de
decisións adecuadas en diferentes situacións así como a de sensibilizar á poboación
en xeral, a través dos nen@ e rapaces/as sobre as causas dos accidentes de
tráfico e as súas consecuencias.
Na actividade amosáronnos diferentes vídeos
moi interesantes e recordáronos que debemos ser sempre respetuosos coas normas
de seguridade vial, tanto se somos peóns como se somos pasaxeiros. Esa debe ser
sempre a nosa responsabilidade.
A nosa próxima meta é participar nun
concurso, ben con un debuxo ou cunha carta dirixida aos maiores sobre estes
perigos.
O venres 18 de outubro os alumnos e alumnas dos cursos de 3º a 6º de
primaria participaron no I Festival Escolar do Camiño Inglés, un
proxecto impulsado pola Federación de Anpas de Ferrol e comarca (FANPA) e que
forma parte de O teu Xacobeo e que reuniu
a preto de 5000 escolares de centros de Ferrolterra.
Unha actividade
que permite que os escolares teñan máis contacto e coñecemento sobre a Ruta
Xacobea, converténdoos en expertos e promotores do Camiño, algo imprescindible
para asegurar o mantemento dos itinerarios xacobeos e que o Camiño de Santiago
poida ser tamén un tesouro para a Galicia do futuro.
Durante a xornada o alumnado visitou
a carpa onde se desenvolveron diferentes actividades: obradoiros de cunchas,
fhotocall de peregrinos, degustación da tarta de Santiago.... Tamén puideron
ver en acción a diversos pintores realizando as súas obras.
Foi a primeira sesión, que
completarán o 13 de novembro cun percorrido de 5Km para facer a nosa
peregrinación dende o inicio do camiño inglés no porto de Ferrol ata a Capela
de Caranza.
No curso 2015-2016 a profe Bárbara, cos nenos e nenas da
clase de valores que actualmente están no grupo de 6º A, iniciaron unha campaña
de recollida de móbiles vellos para envialos a unha empresa que os recicla e
envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este
instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo
e, concretamente, no Congo, onde existen graves conflitos derivados en gran
medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a
casiderita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos
electrónicos, a explotación infantil nas minas, os monocultivos de palma que
acaban coa selva e que, xunto coa actividade dos furtivos, ameazan a supervivencia
de moitas especies, etc.
Reuníronse 84 móbiles e, gracias a iso, como agradecemento,
conseguimos unha subscrición anual ao Instituto Jane Goodall e o APRADIÑAMENTO
DE 3 CHIMPANCÉS: ANZAC, LEMBA E KAUKA.
Este curso 2019-2020 retomamos esta estupenda iniciativa e,
o alumnado de primaria xunto co da ESO, volveremos a recoller móviles usados
para a campaña Mobilízate pola selva.
Esperamos a vosa colaboración e que fagades campaña de
sensibilización entre os vosos familiares e amigos para que os móbiles non
acaben no lixo.
Así que só tedes
que traer móbiles vellos ou estragados, sen cargador e sen tarxeta, pero con
batería. Deixaranse na biblioteca ou na entrada de secundaria nunha caixa onde
tamén atoparemos un folleto con información e fotos dos chimpancés e do Centro
de Recuperación de Tchimpounga.
XA SABEDES, FACEDE
CAMPAÑA E ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!!!
Aquí vos deixamos varios vídeos informativos sobre o
proxecto e de como chegaron ao Centro de Recuperación de chimpancés de
TCHIMPOUNGA, no Congo.
Durante estas semanas o alumnado do noso centro está a
visitar na Casa da Xuventude a Exposición de Fotografía Galicia en Foco.
A mostra fotográfica, serve de recompilación e
crónica anual do acontecer e sentir do pobo galego, recollido nas súas diversas
facetas e nos medios de comunicación. Tamén intenta espertar o interese do
público pola obra dos nosos realizadores gráficos, que se coñezan os seus nomes,
a súa profesionalidade e identificación
coa Galicia contemporánea que eles mesmos documentan.
Os que non fostes aínda a vela, estades a tempo ata o 18 de outubro. Non vola perdades!
A nosa vila de Ares acolleu dende o 20
de setembro ata o 29 o intercambio xuvenil “
Human Stories: Future Glories”, un proxecto co-financiado pola Comisión
Europea, a través do programa Erasmus+, mediante
o cal, preténdese sensibilizar á poboación da importancia sobre a cooperación
interxeracional. Un total de 32 mozos de Suecia, Noruega, Polonia, Romanía,
Turquía e España e persoas refuxiadas e migrantes de Siria, Bosnia, Ucraína,
Iraq, Somalia, Países Baixos e Estados Unidos participaron nunha formación de
aprendizaxe experiencial de 11 días sobre narración de contos e a súa
importancia no desenvolvemento persoal, profesional e preservación cultural. Tiveron
a oportunidade de coñecer e compartir momentos co alumnado do CPI As Mirandas aos
que achegaron as súas culturas, bailes e música; con familias que os acolleron
para compartir costumes, gastronomía; con persoas maiores de distintas idades
coma Carmen e Dora, Xiro López, Xabier Alcalá, Xoán Rubia... que lles contaron as
súas historias, para máis tarde, en grupos interxeracionais mixtos, deseñar os
seus propios métodos e mostrar esas historias de maneira creativa no evento
final do proxecto que tivo lugar no Casino Aresano o sábado 28 de setembro.
Todo un festival homenaxe á nosa cultura
e tradicións no que non faltou a música de Irene Alcalá e Richi Rozas, Xoán
Rubia, a Rondalla Trobadores, o Grupo de Gaitas Aresán e o baile do grupo Areas
do Mar ademais da arte do debuxante Siro López.
Que mellor que as verbas de Xoán Rubia
para amosar o que significou este proxecto interxeracional:
"Foi un verdadeiro pracer compartir un tempo
cun grupo de rapazas e rapaces de diferentes países que se reuniron na veciña
vila de Ares co gallo de coñecer as nosas costumes, as nosas historias e en
suma a nosa cultura. Souberon de historias que lles contamos os que, por razóns
obvias de idade, estamos en condicións de contar historias. Eu relateilles
parte dos meus avatares e vicisitudes de cando comecei a cantar en galego,
relato que eles escenificaron xunto a outros narrados polos veciños e veciñas,
parte importante do proxecto, no escenario do casino da vila. Sentinme feliz
cantándolles algunha das miñas cousas e máis aínda vendo como cantaban comigo.
Resultou unha velada para a lembranza. Abofé."(Xoán Rubia)
Os mozos e
mozas integrantes do #clubxove de Ares:
Verónica, Álvaro, Martín, Irune e Beatriz xunto con Rommy gran activista e
auxiliar de conversa no noso cole, formaron parte do proxecto # passion4 action que se levou a termo este mes en Croacia. Este é un proxecto
de intercambio xuvenil baixo o marco do programa #erasmusplus. Os principais obxectivos do mesmo son motivar e
empoderar aos mozos para a participación activa nas comunidades locais e
inspirar aos rapaces e rapazas para usar as súas paixóns persoais co fin de realizar proxectos e
actividades nas súas comunidades e contorna. A idea do proxecto foi desenvolta por 13
mozos/as que veñen de 3 organizacións asociadas que se reuniron durante o
proxecto de # emotionsinmotion erasmus+ en agosto de 2018. Dous dos rapaces que redactaron o proxecto foron Verónica e
Álvaro, membros de ticket2 europe de
#Ares.
Este proxecto que reuníu a 19 mozos e 3 LÍDERES
DE GRUPOS DE 3 Organizacións: Suncokret Centre for Community Development and
Kids Earth Fund Croatia (Croacia), # ticket2 europe(España) e Rietavas Open
Youth Center (Lituania) levouse a termo entre o 16 e 25 de agosto de 2019 en
Vrginmost e Gvodz (Croacia.)
Parabéns a todos os mozos e mozas de Ares, Galicia, Croacia,
Lituania, e EEUU que demostran ao mundo que nunca se é demasiado novo para
marcar a diferenza e, por suposto, a Rommy por ser a impulsora e a inspiración deles.
Verónica
falando na TV nacional Croata sobre o proxecto de intercambio # passion4 action
Os
participantes quixeron agasallar a Rommy gravándolle un vídeo
sorpresa de agradecemento
Nun acto conxunto o alumnado do noso centro rematou o curso
escolar coa entrega de premios e diplomas aos gañadores das actividades: “Percorridos
lectores por Ares”, Campionato de Xadrez, Campionato de brilé, Participantes nos videoclips en lingua de signos e gañadores do Concurso da Semana Problemática (organizado polo
departamento de matemáticas de ESO).
Parabéns a todxs e xa sabedes....para o próximo curso, máis
e mellor.