Desexámoslles
a tod@s moita sorte nesta nova etapa que comezan e xa sabedes…aquí
teredes sempre a vosa casa.
miércoles, 19 de junio de 2019
GRADUACIÓN CURSO 2018-2019. CPI As Mirandas
Hoxe nun emotivo
acto despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO. Unha
mestura de satisfacción polo deber cumprido, por uns e por outros, e de
tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia
como membros do CPI As Mirandas. Rapazas e rapaces que pasaron a meirande
partes das súas vidas compartindo aula, compañeiros, profesores... e cargados de
centos de recordos.
martes, 18 de junio de 2019
XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA
O xoves 13 de xuño o alumnado de
1º de ESO recibiu na aula de Usos Múltiples aos seus compañeiros de 6º de
Educación Primaria que viñeron acompañados das súas titoras: Marina e Montse.
Nesta sesión os alumnos de 1º de ESO:
Isaac, Maxi, Gonzalo e Iván, comentáronlles as características da nova
etapa, as materias do 1º curso de ESO, os criterios de avaliación e promoción, os
horarios da nova etapa e tamén lles deron uns consellos para que leven ben o novo curso que comezarán en setembro. Despois a xornada continuou cun pequeno percorrido polo centro parándose
nas aulas específicas de Educación Plástica Visual e Audiovisual, a aula de
Música e o Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. Para rematar a xornada o
alumnado visitou tamén as aulas de 1º de ESO e
recibiron un regalo moi especial dos seus compañeiros de 1º de ESO: unhas cartas moi emotivas relatando a súa experiencia durante o
presente curso escolar.
Esperámosvos para o próximo curso
cos brazos abertos!!!
Etiquetas:
1º E.S.O.,
Xornadas acollida ao alumnado de 6º EP
viernes, 14 de junio de 2019
DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS. CONCURSO CANTAMOS COAS MANS
Hoxe día no que se celebra o “Día Nacional da Lingua de
Signos” o noso cole conseguíu a Mención Honorífica na III edición do Concurso “Cantamos
coas mans”, coa canción "O fío do que pendo" da cantautora galega MJ Pérez. Parabéns a todas as rapazas e
rapaces que interpretaron maxistralmente o videoclip e a todo o equipo que está
detrás deste traballo, especialmente á nosa intérprete de lingua de signos Luísa
Lombardero, xa quen sen ela isto non sería posible.
PARABÉNS!!!!
jueves, 6 de junio de 2019
PROXECTO LÓVA. ESTREO DA NOSA ÓPERA . RETO CONSEGUIDO!!!
Este curso os pequenos/as de 5 anos coa súa profe Maica
converteron a súa aula nunha compañía de ópera e crearon, desde cero, unha
breve peza de teatro musical. Cada un deles desempeñaron unha profesión dentro
da compañía: escenógrafo, actor, maquillador, técnico de luces, escritor,
compositor, director, relaciones públicas,documentalista...e para coñecer
mellor algunhas desas profesións recibiron a visita dalgunhas persoas que saben moito delas .
Deste xeito, os nenos e nenas
(compañía), organizados en equipos como profesionais, inventaron a trama do
libreto, deseñaron a escenografía, vestiario, realizaron a campaña de
recadación de fondos para financiar a ópera, encargáronse da música...fixeron
todo o que os profesionais dunha posta en escena deste tipo levan a termo. De
feito o obxectivo de LÓVA coincide plenamente cos obxectivos educativos de
aula: desenvolvemento cognitivo, social e emocional dos alumnos/as.
O máis salientable desta
compañía, VOLCÁN, é a curta idade dos seus membros xa que só teñen 5 anos e iso
dálle, se cadra, máis valor.
E este luns 3 de xuño, ás 6 da
tarde, a compañía VOLCÁN presentou a súa obra "¿Quieres ser mi
amigo?" diante das súas familias, profes e invitados.
Este era o reto máis importante
e conseguírono, claro que si!. Con dúbidas, con erros, pero tamén con moitos
acertos e, sobre todo, con moita ilusión.
PARABÉNS a todos estes
pequerrechos de infantil 5 anos que, a pesares de ter tan curta idade, fixeron
un traballo extraordinario e por suposto a súa profe Maica por implementar o
proxecto LÓVA na súa aula.
LIBRETO DA ÓPERA (Preme nel para velo en grande)
miércoles, 29 de mayo de 2019
ENTREGA PREMIOS PORTADA DE LIBROS 2019
Hoxe fixemos entrega dos premios e diplomas aos gañadores e finalistas do Concurso de Portada de Libros 2018-2019.
Parabéns un ano máis, a todos e todas, pola vosa participación.
jueves, 23 de mayo de 2019
XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS.

Hoxe reuniuse o xurado do Concurso de Portada de Libros para fallar os premios deste ano e, a verdade, non o tivo nada fácil xa que a calidade dos traballos foi impresionante. Despois de moito deliberar os premiados son os seguintes:
INFANTIL: Pola calidade dos traballos e a creatividade plástica dos mesmos todas as aulas de infantil levan un premio.
1º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Valentina Costas Cortés de 2º A
2º.- Finalista: Luna Becerra Ferreira de 2º A
3º.- Finalista: Marcos Feal García de 2º A
2º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Larraitz Aranaga Carrasco de 3º A
2º.- Finalista: Lucas Seijo e Teo Martínez de 3º B
3º.- Alejandra Iglesias e Aroa Amado de 4º B
3º CICLO PRIMARIA:
1º.- Gañadora: Lucía Magariños de 5º B
2º.- Finalista: Aketxa Aranaga Carrasco e Hugo Cartelle de 6º A
3º.- Sara Sotelo Barrón de 5º B
O próximo mércores 29 de maio farase entrega dos premios no recreo de primaria.
PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!!
martes, 21 de mayo de 2019
UN MAR DE MUIÑEIRAS. LETRAS GALEGAS 2019
Un mar de muiñeiras é unha
accion educativa coa pretensión de reivindicar a danza galega na escola, e ao
tempo homenaxear as letras galegas no 2019, adicadas ao mestre da etnografía
galega Antón Fraguas. Cremos nun futuro cheo de barcos e muiñeiras. Sentímonos
carpinteiros de ribeira laborando a escola do porvir a rítmo de seis por oito.
Etiquetas:
Letras Galegas 2019,
Un mar de muiñeiras
jueves, 16 de mayo de 2019
sábado, 11 de mayo de 2019
OLLOBOI 2019. CPI AS MIRANDAS
Onte o CPI As Mirandas estivo representado na Gala dos
Premios do Audiovisual Galego Olloboi. Suliñar que cada vez hai máis centros
educativos que apostan polo audiovisual, non só como ferramenta educativa para
transmitir información, senón como
elemento de expresión e aprendizaxe do alumnado.
Cada ano preséntanse máis traballos e cada ano supéranse en
calidade. Noraboa aos centros gañadores e a todos os finalistas e, en especial,
aos profes e alumn@s do noso cole que con gañas, motivación e ledicia utilizan
e apostan polo audiovisual nas nosas
aulas.
Parabéns aos organizadores do certame porque grazas a el dan a coñecer o enorme traballo que se fai nas aulas: a canteira do cine Galego.
Diploma Olloboi de “Eternas Finalistas ”😂😂
jueves, 2 de mayo de 2019
CÁMARA.....ACCIÓN!!!
Como ben sabedes levamos varios
anos traballando o audiovisual no noso cole. Comezamos facendo pequenos vídeos
e presentacións sobre as distintas actividades que se ían realizando no noso
centro. Grazas a varios cursos de formación sobre fotografía e imaxe que levamos
a termo no centro (PFPP), aprendemos a utilizar diferentes editores de vídeo,
diversas técnicas de montaxe, o uso do chroma key, etc. Todo iso serviunos para
utilizar o recurso audiovisual nas nosas aulas e motivar ao alumnado. E
chegados a este punto podemos dicir que a práctica de facer vídeos educativos
percibímola xa non como meros transmisores de información, senón que
recoñecemos as posibilidades que teñen como elementos de expresión e
aprendizaxe.
Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas idades é emocionante. O resultado, impresionante!!, tanto que xa eles mesmos son quen de realizar un produto audiovisual: guión, gravación, edición, montaxe... como os mozos e mozas de 3º ESO, na curta que realizaron desde a materia de matemáticas sobre a vida de Sophie Germain.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
Traballar o audiovisual cos nenos e nenas, mozos e mozas de diversas idades é emocionante. O resultado, impresionante!!, tanto que xa eles mesmos son quen de realizar un produto audiovisual: guión, gravación, edición, montaxe... como os mozos e mozas de 3º ESO, na curta que realizaron desde a materia de matemáticas sobre a vida de Sophie Germain.
Tamén desde o departamento de
Lingua Galega os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO levaron a termo a gravación
de varias pezas audiovisuais coa axuda de Miguel, o seu profe. E que dicir dos nosos videoclips en Lingua de
Signos tan ben dirixidos pola nosa intérprete Luisa Lombardero, ou os
realizados para o Concurso Escolar ONCE onde acadamos o premio autonómico representando
a Galicia no Estatal, ou os produtos audiovisuais dos distintos eventos do cole
realizados dende o Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Yoli.
Desde “tesmoitalingua”, parabéns por todos os
traballos e vídeos que fixestes este curso, no que as vosas dotes artísticas
sobresaíron máis que nunca.
Aquí podedes ver as últimas pezas audiovisuais realizadas
neste trimestre.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
O NOSO COLE NA RADIO GALEGA
Despois do éxito acadao polo videoclip realizado no CPI As Mirandas, a Radio Galega entrevista a Luisa Lombardero, a nosa intérprete de Lingua de Signos, alma mater do videoclip Malaxente realizado cole.
Aquí podedes escoitar o programa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















