Un pouco de humor non vén nada mal!!!.
Making off Tra Trá from Yolanda Castro on Vimeo.
miércoles, 1 de mayo de 2019
VIDEOCLIP MALAXENTE
Aproveitando que se
achega o Día das Letras Galegas, dende o CPI As Mirandas quixemos defender a
música na nosa lingua, facéndoa ademais accesible ás persoas usuarias da lingua
de signos. Así que, deixando a vergoña de lado, realizamos un videoclip coa última
creación da cantautora galega MJ Pérez, que fusiona en Malaxente á ilustre
poeta galega coa cantante Rosalía.
Malaxente. CPI As Mirandas from Yolanda Castro on Vimeo.
MAKING OFF DA GRAVACIÓN
Making off Tra Trá from Yolanda Castro on Vimeo.
Dicir que foi gravado en distintas contornas do noso
concello: Cervás, Lubre, Ares… e que o pasamos XENIAL!!!!
Grazas a todas as persoas que fixeron posible este traballo e
en especial á intérprete de lingua de signos do noso cole. Sodes o máximo!!!.
MAKING OFF DA GRAVACIÓN
Making off Tra Trá from Yolanda Castro on Vimeo.
Etiquetas:
Día de Rosalía,
Lingua de signos,
Malaxente,
Videoclip
ANTROPÓNIMOS
Realizar a actividade de E ti, de onde vés sendo? desenvolvida por algúns alumnos e alumnas
de 1º ESO, espertou o interese pola orixe e significado do seu nome.
ÉXITO DA III FEIRA "ARES ARREDOR DE SI"
Éxito total na xornada do luns na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como resultado a III Feira “Ares arredor de si”.
Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ao grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada - sodes uns cracks-, ao Club de Remo de Ares e en especial a Tombo que organizou as actividades remeiras e acompañounos durante todo día, aos integrantes do Club Xove e a Rommy polas actividades levadas a termo no seu stand(quen dixo que a xuventude non se implica?), ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira:o inspector de educación Rubén Ponte, José Antonio Sordo do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Ferrol, o noso alcalde Julio Iglesias, á concelleira de cultura Alma Barrón e o resto de concelleiros das distintas formacións, os representantes das asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do CPI As Mirandas por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que hoxe nos acompañaron neste evento.
Grazas a todos por facer, de novo, que a xornada resultase todo un éxito.
jueves, 25 de abril de 2019
E TI, DE ONDE VÉS SENDO?.
As casas aldeáns, espalladas, forman
un grupo natural de poucos habitantes, chamado "lugar". (...) Os
"lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama
"parroquia". Esta entidade é o antigo clan dos celtas.
Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza.
Esta actividade, desenvolvida polo alumnado de 1ºESO A e
B, artéllase arredor das orixes dos nosos discentes, de aí o seu título: E ti, de onde vés sendo?. Preténdese,
con ela, que os rapaces e as rapazas sexan conscientes da especial relación do
pobo galego co medio en que habita e a necesidade de nomear calquera lugar por
pequeno que sexa, relacionando o seu significado coa vexetación, a orografía,
os fenómenos atmosféricos... e, por suposto, os estados de ánimo.
Pedíaselles, na actividade, realizada segundo un modelo
dado, que falasen do nome da casa (o alcume familiar), do lugar, aldea,
parroquia, concello, de onde son oriundos eles e elas mesmas e os seus
devanceiros; ao tempo, iríase procurando o étimo do topónimo que a cadaquén
ocupase, isto é, orixe e significado. A motivación do alumnado fixo que este
modesto proxecto inicial se convertese nun traballo moito máis ambicioso,
realizado todo polos alumnos e alumnas de 1º ESO coa axuda inestimable das súas
familias.
Foi así que os pequenos gravaron os seus avós e avoas,
informantes fieis do decorrer da vida na súa nenez, adolescencia, xuventude e
madurez, achegándonos a todos a un xeito de vida alleo para os adolescentes de
hoxe e que xa hai tempo desapareceu na grande maioría do territorio. Abranguen,
daquela, boa parte dos traballos, un anaco de historia, emoción e vivencias dos
aresáns e das aresás e xa que logo, de todas as familias que co tempo se foron
instalando neste concello.
Manifestamos desde estas páxinas o noso agradecemento ás
familias posto que sen se elas involucraren o resultado non sería o obtido.
Actividade realizada e coordinada por Mª Luísa Corredoira, profesora de lingua galega do noso centro en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística coordinado por Yolanda Castro.
lunes, 22 de abril de 2019
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a
súa importancia como ferramenta cultural.
Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non
é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
A vida toda está nos
libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos
ou simplemente imaxinamos...
E por qué lemos?
- En primeiro lugar
porque alguén nos aprendeu a facelo,
- porque outras
persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
- porque leron para
nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
- porque desfrutamos
coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun
libro.
Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro: as persoas
que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a
medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras
nenas que veñen detrás.
LUDI MUGARDENSIS
XORNADA HISTÓRICA NOS “I LUDI MUGARDENSIS”.
O ALUMNADO DE ARES E MUGARDOS PASOU UNA MAÑÁ DE DIVERSIÓN COMPETINDO EN XOGOS E DEPORTES ROMANOS.
O xoves 11 de abril, nun precioso e solleiro día que nos brindou a deusa Ceres, celebráronse os “I Ludi Mugardensis” no exterior do Centro de Interpretación do Xacemento Romano de Caldoval (Mugardos).

A xornada organizada polo Concello de Mugardoscongregou a preto de 200 alumnxs de 5º e 6º de primaria dos concellos de Ares e Mugardos. Todxs puideron competirdurante a mañá en 10 probas diferentes vinculadas ao deporte romano e a xogos e exercicios físicos practicados durante a antigüidade.
Nesta primeira edición os colexios participantes foron o CPI As Mirandas (Ares), o CEIP Unión Mugardesa, o CEIP Santiago Apóstolo e o CPR Loyola (Mugardos).
Xs estudantes dividíronse en 20 equipos dirixidos polxs respectivxs capitáns e capitás que se encargaron de organizar a estratexia de cada grupo. Desta maneira, todos os equipos foron pasando de maneira rotatoria por cada unha das probas, enfrontándose a diferentes contrincantes en cada quenda.

As disciplinas deportivas escollidas para esta ocasión trataron de combinar diferentes habilidades como a rapidez, a forza, a precisión, a estratexia e a intelixencia, pero en todos os casos foi fundamental para o éxito final o traballo en equipo.
A diversión estivo asegurada dende o inicio. Con todo, algunhas probas gozaron de especial aceptación entre o alumnado como o tres en raia físico, o tiro con arco simple de madeira, ou a esgrima con “spatha” baixo romana.
Despois dunha intensa pero amistosa competición os “I Ludi Mugardensis”, clausuráronse por volta das 13,30h cunha entrega de diplomas a todxs xs participantes, feita pola concelleira de Patrimonio Histórico Lola González, e co recoñecemento ao equipo gañador desta primeira e histórica edición. A gloria do ano 2019 correspondeu aos “Gladiator Hoplomachus” do CPI As Mirandas de Ares, que gañaron 9 probas das 10 posibles. O seu trunfo fainxs merecedorxs de inaugurar e figurar no muro da fama de Caldoval.
Aos vencedores e vencedoras dicímoslles “Respice post te! Hominem te esse memento!” (“¡Olla tras de ti! lembra que es un home ou muller” e non un Deus nin Deusa).








Desde o Centro de Interpretación de Caldoval agradecemos a participación do alumnado e dos 20 equipos que competiron co mellor espírito deportivo. A relación dos 20 equipos participantes no evento é a seguinte:
CEIP UNIÓN MUGARDESA (MUGARDOS)
- Imperatorum
- Los románicos
- Los Gladiadores
- Espartaco
CEIP SANTIAGO APÓSTOLO (MUGARDOS)
- Os Gladiadores
- Rómulos
- Julio César
CPR LOYOLA (MUGARDOS)
- Jocosus Genius
- Sextus Magnificus
- Gallaecia
- Lucus
CPI AS MIRANDAS (ARES)
- Gladiator Hoplomachus
- Murmillos
- Provocatores
- Dimanchaeri
- Pompeyus
- Equiles
- Los Iluminatis
- La Quearii
- Reciarii
EQUIPO GAÑADOR : HOMOPLACHUS
lunes, 15 de abril de 2019
I XOGOS “LUDI MUGARDENSIS” NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN CALDOVAL
Escolares de
5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Mugardos e Ares participaron o día
11 de abril nos “I Ludi Mugardensis”, unha sorte de olimpíadas con
competicións en 10 deportes dos que adoitaban practicar na antigüidade os
gregos e romanos.
E o equipo
gañador foi o Gladiator Hoplomachus do noso
cole, O CPI As Mirandas.
Parabéns a todos e todas os/as
participantes e xa estamos agardando os “II Ludi Mugardensis”.
Con esta proposta quérese fomentar a
convivencia e os hábitos saudables entre os nenos e nenas, ao tempo que impulsa
un mellor coñecemento da cultura romana.
martes, 9 de abril de 2019
viernes, 5 de abril de 2019
GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR ONCE. AGORA A REPRESENTAR A GALICIA NO NACIONAL!!!
Estamos de en hora boa!!! Parabéns ao grupo de alumn@s de 1º de ESO formado por Antía, Gabriela, David, Sofía,
Laura Gisell, Geovanna, Brais, Hugo, Carlos, Axel, Melani, Paula, Isaac e Noelia GAÑADORES AUTONÓMICOS DO CONCURSO ESCOLAR
ONCE que pasan directamente á FASE
NACIONAL representando a Galicia
NA CATEGORÍA D.
Este ano baixo o lema "Por min e por tódolos
meus compañeiros” os nosos alumn@s quixeron mostrar a través dun
videoclip a importancia de crear recreos inclusivos onde todxs poidan xogar, gozar e aprender a vivir coa
diferenza e desde a diferenza nunha escola inclusiva por e para todxs.
lunes, 1 de abril de 2019
VISITA A CHANTEIRO
O venres os nenos e nenas de infantil
realizaron unha visita á Chanteiro enmarcada dentro do proxecto de centro
"Ares arredor de si", un proxecto que ten como obxectivo estudar e
investigar a cerca da nosa contorna máis próxima. Visitaron a ermida da
Merced, próxima
á praia do mesmo nome, na parroquia de Cervás. Esta pequena xoia arquitectónica data do século XV e mandouna edificar o cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, que tiña, entre outros, os señoríos de Ferrol e de Pontedeume. Tamén puideron visitar a praia recollendo cunchas e pedras e logo gozar dunha estupenda merenda no campo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








