sábado, 14 de octubre de 2017

SELECCIONADOS PARA O PROXECTO VIDAS MARIÑEIRAS


CPI As Mirandas (Ares) , O CPI A Xunqueira (Fene), o e o IES Breamo (Pontedeume) son os tres centros de ensino público cuxos proxectos audiovisuais inaugurarán o programa formativo Vidas Mariñeiras 2017, que dá comezo este mesmo mes de outubro coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte.
En «De corazón, mariñeiro» atoparemos a Vituco, experimentado científico e submarinista que se considera a si mesmo un mariñeiro máis. Percorreremos o curso do Eume até a súa desembocadura no océano Atlántico, atentos a como as augas configuran a paisaxe e os nosos propios hábitos («Entre dúas augas: o Eume e o mar»). Haberá tempo tamén para a reflexión histórica sobre o rol das mulleres na vila mariñeira de Ares ao longo do século XX («Marea de mulleres»). Esta é unha pequena e suxerente mostra do que nos deparan os proxectos que veñen de presentar os alumnas e alumnas dos centros seleccionados para participar en Vidas Mariñeiras 2017, que entre os meses de outubro e decembro deste ano achegará ás aulas un programa de formación audiovisual que dará como resultado senllas curtametraxes realizadas polo alumnado.
O programa foi recibido con moito interese polos centros de ensino da contorna do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Norte, e moitos deles coordinaron grupos de alumnas e alumnos para presentar un proxecto ao concurso publicado nesta mesma web o pasado mes de setembro. Porén, nesta primeira edición os coordinadores do programa limitáronse a tres proxectos para garantir unha formación de calidade e personalizada de cada grupo participante.

O alumnado recibirá unha formación práctica e teórica básica que lle permitirá desenvolver con autonomía todas as fases de produción dun filme, desde a primeira escaleta até as correccións de cor e masterizado das pezas resultantes. Estas tres curtametraxes, ademais, poderán verse no mes de decembro nun pase aberto ao público nos Cines Duplex de Ferrol, e xa en xaneiro de 2018 na filmoteca galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, A Coruña).

PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA

Voltamos de novo coa previsión do tempo da fin de semana, realizada dende o noso cole. Hoxe é  Judith a que nos informa sobre o tempo que imos ter nos vindeiros días.

CONCIENCIÁMONOS CO MEDIOAMBIENTE

Hoxe remataron as charlas de concienciación medioambiental propostas pola Asociación Cultural e Deportiva Scuba Ares. Aprendimos a importancia de manter o noso ecosistema mariño limpo e sen residuos. Para iso nos amosaron uns vídeos moi divertidos e seleccionamos o lixo para tiralo nos colectores axeitados.
Mañá, sábado, de 10:00 a 14:00 nos esperan para facer limpeza na praia de Ares.

Os nenos e nenas podemos cambiar o mundo!


 



miércoles, 11 de octubre de 2017

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL DO CONCELLO DE ARES


O Concello de Ares a través da súa concellería de cultura organiza o I Concurso de fotografía xuvenil do noso concello, do que sairán as 6 fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do 2018 que se distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertanto  a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva desta vila. En concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da nosa contorna que consideren parte da súa identidade.

Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada en Ares.

Cómo participar?:  Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com. Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega:  Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)

                                         De tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do concurso.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!





lunes, 2 de octubre de 2017

PINOCCHIO SON EU

O venres 29 de setembro os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de educación primaria saímos de visita á Casa da Cultura de Pontedeume. Alí nos esperaban Nino "Pinocho" e os seus pais para amosarnos unha marabillosa exposición educativa de arte. Unha visita guiada onde nos permitiron experimentar grandes momentos da fantástica aventura de Carlo Collodi xunto coas obras orixinais e interactivas realizadas en papel e cartón, pola artista Catarina Capim.

Pasámolo xenial!!



martes, 5 de septiembre de 2017

COIDANDO O MEDIOAMBIENTE EN SANTA CATALINA

O día 5 de maio do 2017, os alumnos do CPI As Mirandas de Ares de 1º de Primaria acompañados polas súas profesoras, realizaron no Mosteiro de Santa Catalina de Ares unha clase práctica de coidado do medio ambiente. Plantaron mirto nos claros do xardín, cada alumno plantou unha estaca procedente das plantas que xa existen no mesmo co fin de non introducir posibles plantas infectadas. Tamén se colocou unha placa co nome da especie en Galego, castelán e inglés, así como un código QR coas características da planta, deste xeito, calquera que nos visite poderá saber as características desta especie, a máis abundante no xardín . Realizaron tamén unha visita guiada a fin de coñecer os claustros do mosteiro. Con posterioridade realizaron un traballo escolar no que contaron o aprendido: de historia, arte e coidado do medio e por suposto de convivencia. Para finalizar realizaron xogos cooperativos . Esta actividade foi realizada en colaboración co Centro CPI As Mirandas, o Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Esta asociación quere manifestar o seu agradecemento pola decidida colaboración na difusión do coñecemento e coidado do BIC da comarca. A realización desta actividade ten como obxectivo difundir e coidar o Mosteiro.
 Grazas aos profesores e aos alumnos de 1º de Primaria.
                                                      Asociación de amigos do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro.


              

viernes, 23 de junio de 2017

FELICES VACACIÓNS!!!

 Onte  no noso cole, rematamos o curso cheos de ledicia polo traballo realizado en todo este ano.  Agora toca descansar un chisquiño e repoñer forzas cara o curso que ven. Parabéns a todos polo traballo ben feito .
Aquí vos deixamos un pequeño resumo da festa de fin de curso.

                                                              
                                                                  
                                                              FELICES VACACIÓNS!!!


               

jueves, 22 de junio de 2017

GRADUACIÓN DOS ALUMN@S DE 4º NO CPI AS MIRANDAS

Hoxe, nun  emotivo acto,  entre melancólico e alborozado, despedimos aos nosos  alumnos e alumnas de 4º ESO.  Unha mestura de satisfacción polo deber cumprido, por uns e por outros, e de tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia como membros do CPI As Mirandas. Desexámoslles a tod@s   moita sorte nesta nova etapa que comezan  e xa sabedes…aquí teredes sempre a vosa casa.

Parabens  e… moita sorte!!!




miércoles, 14 de junio de 2017

E GAÑAMOS!!!!!!!!!

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto. 



martes, 13 de junio de 2017

NO CPI AS MIRANDAS FESTEXAMOS O DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS QUE SE CELEBRA O 14 DE XUÑO

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.



E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).  Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.

 Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!!

OS NOSOS PROXECTOS NA PRENSA

http://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/14417/centros-de-ensino-que-innovan-ares-e-monfero-dan-exemplo/