Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, os cogumelos, os froitos de inverno; chegan as augas e mergullámonos no inverno, vaise a calor e vén o frío: son os tempos do Samaín. A que isto escribe pasou esta semana a facer unha visitiña por infantil e primaria e a verdade que quedei abraiada por todas as cousas que @s profes xunto cos seus alumn@s estiveron a facer.
Nas seguintes presentacións podedes ver as actividades que os nenos e nenas de infantil e primaria do noso cole, fixeron neste outono para celebrar o samaín e o magosto.martes, 15 de noviembre de 2011
viernes, 11 de noviembre de 2011
ACTIVIDADE PARA A CONMEMORACIÓN DO II DÍA DA CIENCIA
Con motivo da Semana da Ciencia en galego, o noso profe de ciencias Xacobo organizou unha actividade co obxectivo de consolidar o emprego da nosa lingua no eido científico e amosar tamén que a ciencia pode ser divertida.
Os rapaces e rapazas de 2º da ESO prepararon por parellas unha serie de experimentos científicos super divertidos e presentáronllelos aos compañeiros doutros niveis nun obradoiro científico-práctico.
Experimentos como flota ou afunde, os mistos veloces, as tres capas flotantes, o globo resistente ou o moco louco foron algúns dos experimentos que puxeron en práctica os nosos aplicados científicos.
A verdade é que foi unha actividade moi interesante. Aquí tendes algunhas imaxes dos obradoiros.
Tamén vos deixamos un video dos experimentos realizados polos alumnos e alumnas de 2º da ESO:
Etiquetas:
Actividades no centro,
Día da Ciencia en Galego,
Secundaria
jueves, 10 de noviembre de 2011
VISITA A SOGAMA
Onte o alumnado de 5º de E.P. fixemos unha visita a Sogama. Vimos todo o proceso de selección do lixo. Para iso tivemos que usar mascarillas e cascos; xa vedes que estamos moi favorecidos nas fotos. Unha das cousas que nos explicaron foron "os tres R" ( redución, reutilización e reciclaxe), e tamén como temos que seleccionar os nosos residuos.
Despois da visita fomos a Cerceda ao Aquapark
lunes, 7 de noviembre de 2011
APLICACIÓNS DA INVESTIGACIÓN XENÉTICA
"Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" é o título da segunda videoconferencia organizada pola CGEDLG con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego, impartida por Ángel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC .Esta segunda videoconferencia tivo lugar de 12:30 a 13:30 horas o venres 4 de novembro de 2011, e a ela asistíu o alumnado de 4º da ESO. Unha introdución sobre o ADN foi o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial. De novo, tras a conferencia, o alumnado tivo a oportunidade de lanzar a súas preguntas a través dun chat.
Etiquetas:
Actividades no centro,
Dia da ciencia en galego
ANO INTERNACIONAL DAS ÁRBORES
"Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?" é a pregunta a través da cal Mª Isabel Fraga Vila, profesora e membro da cátedra de Botánica da USC e directora do Museo de Historia Natural da universidade, introduciu a súa ponencia, enmarcada dentro das actividades promovidas pola CGEDLG para celebrar o II Día da Ciencia en Galego. O alumnado de 1º da ESO asistíu a esta videoconferencia que tivo lugar entre as 10:30 e 11:30 da mañá do venres 4 de novembro de 2011. Tras a interesante charla sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta e os seus beneficios económicos, socioculturais e ambientais, o alumnado tivo a oportunidade de interactuar formulando preguntas a través dun chat, que Mª Isabel Fraga Vila foi respondendo dunha maneira moi didáctica. Tanto o alumnado como o profesorado participante nesta actividade mostrou o seu interese por repetir. Os nosos parabéns á CGEDLG!!!
Etiquetas:
Actividades no centro,
Día da Ciencia en Galego
sábado, 5 de noviembre de 2011
E CO OUTONO CHEGA O MAGOSTO
Presentación sobre o magosto e a súa orixe.(Picade enriba para vela en grande)
viernes, 21 de octubre de 2011
Unha cantiga para a festividade do Samaín
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
Lúa chea no balcón,
mil estrela arredor,
bailan aquelarre,
ósos e melóns. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
As caveiras atopar
nos cruceiros do lugar,
faremos meigallos
para nos salvar. (bis)
Samaín, o misterio chega co Samaín,
as cabazas, os morcegos,
bruxas polo ceo,
o misterio chega co Samaín. (bis)
jueves, 13 de octubre de 2011
É tempo de Samaín
Chega o outono e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e mergullámonos no inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romerías ao sol e inícianse os fiadeiros ao carón do lume: son os tempos do Samaín.
Coñeces a tradición do Samaín? Neste blogue de Vieiros tes unha morea de curiosidades. Preme na imaxe de abaixo para entrar nel.
martes, 11 de octubre de 2011
Xa esta aquí o II día da ciencia en Galego (Venres, 4 de novembro de 2011). Este ano, a Química fala galego.
O día 4 de novembro de 2011 celebraremos o II Día da Ciencia en Galego dedicado a exaltar o papel da Ciencia e da Tecnoloxía na creación e profusión da Cultura Galega. A actividade realízase en toda Galicia o mesmo día.
Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie no 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Curie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha delas premio Nobel, tamén). Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.
Así, o 4 de novembro homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.
Na wikipedia galega podemos ler: Marie Curie e Mª Wonenburger
Desde aquí propoñemos unha serie de experimentos super-divertidos para que todos os realicedes. Atrevédevos.
View more documents from Yolanda Castro López.
miércoles, 5 de octubre de 2011
COMO FACER UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
Comezado o curso, de seguro que en mais dunha materia teredes que facer algún traballo de investigación por iso aquí vos deixamos algunhas recomendacións para súa elaboración.
Dirixido aos nosos alumnos e alumnas de primaria e secundaria.
Picade sobre a imaxe para ver a presentación ampliada
Dirixido aos nosos alumnos e alumnas de primaria e secundaria.
Picade sobre a imaxe para ver a presentación ampliada
martes, 4 de octubre de 2011
ACTUACIÓN DO MAGO BENXAMÍN
O pasado venres día 30 no local do Casino de Ares,todo o alumnado do cole gozou coa actuación do mago Benxamín. Esta actividade estivo organizada polo Anpa do noso centro e tanto rapaces/as como profes disfrutaron cos números de maxia de Benxamín.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

