O venres 21 de novembro vivimos un momento moi especial coa entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil, onde quedou patente, unha vez máis, a creatividade e a inquietude artística que se respira na rapazada do noso concello.
Dende o centro queremos amosar o noso enorme orgullo
pola gran resposta do noso alumnado ante esta iniciativa. A participación foi
un éxito rotundo, con case 80 fotografías presentadas a concurso. Grazas
a todos e todas por animarvos a compartir a vosa mirada a través da cámara; a
vosa implicación é o que dá sentido a estas actividades.
Queremos enviar os nosos máis sinceros parabéns aos
gañadores: Álvaro, André, Sara, Antón, Aila e Lucas. O voso traballo ten
dobre premio, xa que as vosas imaxes foron as elixidas para ilustrar o Calendario
Municipal 2026. É unha marabilla saber que o voso talento estará presente
nos fogares de toda a veciñanza durante o vindeiro ano.
O resultado final do calendario é precioso e reflicte o
alto nivel dos participantes. Grazas tamén á organización e ao xurado
(Asociación Fotografía Ferrolterra e profesorado do CPI As Mirandas) por
valorar o esforzo dos nosos mozos e mozas.
Seguide capturando momentos!


.jpg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario