lunes, 29 de abril de 2024

VIAXE CULTURAL A LUGO. CASTRO DE VILADONGA E VELLO CÁRCERE.

 O luns 29 de abril as alumnas e alumnos de terceiro de ESO fomos de excursión a Lugo.

Subimos ao bus e saudamos o condutor, estivemos durante 1 hora e 50 minutos no bus para chegar a Lugo. Cando chegamos fomos  visitar o “Vello Cárcere”, un museo dedicado aos represariados durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista. Unha guía explicounos a exposición.

Chamounos moito a atención a estrutura do edificio, tamén as historias e as cartas das persoas que estiveron alí prisioneiras. O máis impresionante foi a cela cos nomes de todos os presos.

Cando rematou a visita ao cárcere dispersámonos por Lugo para xantar.

Pola tarde fomos ao Castro de Viladonga, gustounos a vista do Castro porque nos puidemos facer a idea de como era antigamente a vida nel  e como vivían os nosos ancestros.

Ao final, o mellor das excursións  é gozar delas todos xuntos.

     Alumnado de 3º ESO

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario