Que cousa tan bonita recibimos dos/as maiores do Centro de Día. Despois de enviarlles as nosas postais, agasalláronnos cunha preciosa postal e dedicatoria así como cuns marabillosos axóuxeres ou maracas que fixeron coas súas fermosas mans. Nesas mans nas que reside a sabedoría que debemos recuperar. Mans que tocaron terra, xente e mundo, e que gardan na súa pel o recordo do amor feito, do traballo feito, da vida pasada, da dor superada e o que foi e será, de momentos cargados de sentido, e dos que nunca o terán. E damos grazas porque sigan vivas e acompañándonos. Poucas cousas hai nesta terra que provoquen un maior sentimento de misterio e amor.
Grazas por tanto!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario