Hoxe na praza da Constitución da nosa vila realizouse un acto en apoio ao pobo ucraíno,organizado polo concello. Un acto no que se reivindicou a paz e amosouse a solidariedade coas 3 familias chegadas de Ucraína, e que agora conviven con nós.
No acto membros destas familias leron unha declaración en contra da guerra e finalizouse o acto coa actuación da banda de música Xábrega que interpretou o “Himno á alegría”.
Desde aquí queremos dar as grazas aos rapaces de 1º de ESO: Carlos, Lucas, Daniel e Manuel que estiveron toda á mañá realizando unha acción solidaria recadando fondos a través da venda de bolígrafos coa lenda “Pola Paz”. Grazas polo voso tempo e grazas tamén a toda a xente que aportou o seu graíño de area para esta causa.
O recadado hoxe (650 €), sumado ao recadado no noso colexio irá, a través de Save the Children, íntegramente destinado a axuda humanitaria para as nenas e nenos en Ucraína. Esto inclúe apoio no seu acceso á educación, apoio psicosocial, distribución de kits de inverno e de hixiene e entrega de pequenas aportacións en efectivo ás familias para que poidan satisfacer as súas necesidades básicas (alimentos e medicamentos).
En hora boa por esta iniciativa. Parabéns para eses rapaces que son quen de ofrecer o seu tempo e traballo para axudar a outras persoas. Grazas á xente de Ares que, unha vez máis, pon de manifesto que somos unha vila solidaria. E, por riba de todo, benvidas esas familias ucraínas.
ResponderEliminar