jueves, 11 de febrero de 2021

TEMPO DE ENTROIDO

Xa esta aquí o tempo de Entroido e, aínda que este curso  é un pouco raro por mor desta pandemia, hoxe puidemos falar un chisquiño coa nosa querida Vero Rilo que tivo a deferencia de conectarse con nós de forma online para contarnos algunhas cousiñas sobre o Entroido, os doces típicos desta datas_ filloas, orellas, rosquillas, freixós_  e… o Papón!!! que papa todo ser vivinte que atopa a man. Bueno…ata que descubriu as filloas con mel!!!

Grazas Vero por compartir con nós un chisquiño do teu tempo. Esperemos que a próxima vez poidamos verte máis tempo en vivo e en directo e darche unha aperta.

E xa sabedes, peques, tedes que debuxar o Papón que tedes no voso maxín para enviarlle algún dos debuxos a Vero, seguro que lle gostarán moito!.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario