No
noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con
moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”:
apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron,
por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de economía social dedicada á “lavandeiria
industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con
discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa
o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as
súas capacidades e competencias.
Nada
máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi
didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar
moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son
listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas
dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos
hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de
traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento. E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos
regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo
o proceso da industria, dende o desembarco
da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que
lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado,
planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos
seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe
de produción da planta.
E
durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co
cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos
coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de
signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo
máis abaixo.
E
xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces
volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas
estupendas bolsas/mochilas que nos van vir
moi ben para meter as nosas cousiñas.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario