Nun acto conxunto
o alumnado do noso centro rematou o curso escolar coa entrega de diplomas e
agasallos por todas as actividades feitas ao longo do curso: O Preguntón,
Premios da Semana Problemática de matemáticas, axedrez, Concurso ComunicaTedu,
Concurso de lingua de signos “cantando coas mans”, premios da biblioteca,
diplomas de economía….
Para finalizar rematamos cunha
fermosa coreografía realizada polas alumnas de 1º de ESO.
Agora chega o
momento de descansar e gozar dun merecido descanso.
Parabéns a todos e
todas por todo o traballo realizado durante este curso escolar.
Hoxe nun emotivo acto, entre melancólico e
alborozado, despedimos aos nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO. Unha
mestura de satisfacción polo deber cumprido, por uns e por outros, e de
tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia
como membros do CPI As Mirandas. Rapazas e rapaces que pasaron a meirande partes das
súas vidas compartindo aula, compañeiros, profesores e cargados de centos de
recordos.
Desexámoslles a tod@s moita sorte
nesta nova etapa que comezan e xa sabedes…aquí teredes sempre a vosa
casa.
Parabéns!!!!, o noso cole foi, por segundo ano
consecutivo, gañador do Concurso de Cancións en LSE “Cantamos coas máns” que
convoca a FAXPG, co vídeo realizado polos alumn@s do cole e dirixido pola nosa
intérprete de língua de signos Luísa Lombardero.
En hora boa aos rapaces e a Luísa por todo o
traballo e por tan merecido premio. Ata a mesmísima SES compartíu no seu
Facebook o impresionada que quedou ante tanta fermosura. Como dixo alguén nun
dos numerosos comentarios que colgaron nas redes:
Queda un sen palabras
ante tanta fermosura.Parabéns a tan loábel iniciativa, amosades a esencia máis
nobre da condición humana.Xa é hora de igualar os dereitos lingúísticos das
persoas xordas, e con este tipo de INICIATIVAS axudades a visualizar a problemática
de moita xente.Fantástico, xenial...Tempestades de sal adquire unha nova
dimensión, xa de por si é enormemente bela, mais dende hoxe agranda o seu
horizonte.
Hoxe, 14 de xuño, celebrase o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, e dende o CPI As Mirandas queremos recordar este día mediante a publicación dunha canción de Sés “Tempestades de Sal” en Lingua de Signos Española. Ao longo do vídeo facemos un rápido percorrido histórico sobre as principais figuras e acontecementos que influíron e determinaron a educación das persoas xordas dende o século XVI ata a actualidade.
Como veredes aparecen dende mestres como Fray Pedro Ponce de León que establecerá o primeiro método de ensinanza para xordos, educando a fillos de nobres para que demostrasen capacidades intelectuais, e así poder obter permisos para herdar e facer testamento, que naquela época non lles eran concedidos debido a súa discapacidade auditiva; ata Juan Luis Marroquín que no século XX converteríase no verdadeiro fundador do movemento asociativo xordo de España, e creador do que hoxe é a CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).
Neste vídeo quixemos comezar a nosa andadura no ano 1880, data na que se celebra un Congreso en Milán, que vai a marcar un antes e un despois na Historia da Comunidade Xorda. Ata entón a Lingua de Signos era considerada a lingua natural das persoas xordas, mais neste Congreso acordárase prohibir o uso da mesma, impoñéndose así a posición oralista no eido educativo. Nas escolas non se permitirá a utilización dos signos, xa que se consideraban inadecuados para a consecución dos obxectivos educativos trazados nesa época.
Realmente, invitámosvos a indagar un pouco máis nas resolucións de dito Congreso no que participaron soamente mestres oíntes (aos xordos permitíanlles asistir pero non votar). Poderíamos dicir que foron os anos escuros da Lingua de Signos na educación das persoas xordas.
Con todo, grazas a súa loita constante, as persoas xordas conseguiron manter a súa lingua durante moitas décadas a través da súa unidade manifestada no movemento asociativo.
Tentamos tamén a través deste vídeo, reiterar a loita constante da Comunidade Xorda signante sobre algúns termos que adoitan empregarse de forma errónea como xordomudo ou mudo; a forma correcta de dirixirse a unha persoa xorda é empregando a palabra xordo/a; tamén adoita ser común ver o uso do termo linguaxe no lugar de lingua, moitas veces por unha transliteración do inglés. O idioma que empregan as persoas xordas é a Lingua de Signos; en España atopamos como oficiais dende o ano 2007, a Lingua de Signos Española e a Lingua de Signos.
Xa para rematar queremos agradecer a colaboración do Concello de Ares e de Secundino, grazas ao cal descubrimos a Escola de Guitriz, que situada nun enclave digno de visitar, recrea unha escola rural de mediados do século XX. E por suposto, un agradecemento especial aos rapaces que unha vez máis coa mesma ilusión, esforzo e compromiso, conseguiron que traballar con eles sexa un auténtico pracer, ademais de moi doado e enriquecedor. Así grazas a Hugo, Valeria, Marta, Candela, Jimena, Claudia, Clara, Habte, Noa, Laura e Khadija.
Este ano o noso centro participou por primeira vez no concurso ComunicaTedu
ao ser seleccionado o noso proxecto. O grupo de 3º ESO gañou o primeiro
premio!. Este concurso pretende
afondar na competencia en comunicación lingüística. En concreto na
competenciaoral activa a través do
discurso oral. A iniciativa propón chegar a competencia desde metodoloxías
innovadoras e desde unha perspectiva ética e crítica a través de temáticas que
poidan espertar o interese do alumnado. Ademais pretende que se consiga esta
competencia desde unha abordaxe que integre as metodoloxías activas e o
traballo por proxectos, para conseguir a competencia en contextos comunicativos
reais.O tema desta edición foi "A
alimentación como hábito de vida saudable".O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de
4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo,memorizalo e posteriormente gravalo en toma
única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a
gravación.Todos os rapaces foron
avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos
departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso,
mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
O proxecto desenvolveuse en catro semanas durante
19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de
catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo
o alumnado matriculado nestes dous niveis.Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora,
profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Mª Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega
de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de
Lingua Galega de 4º da ESO. As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos,
Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora
de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas
e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e
un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos
seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías,
Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
Non
podemos estar máis que satisfeitos da xornada de hoxe na que se reflectiu o
traballo colaborativo realizado no noso cole durante este curso e que deu como
resultado a II Feira “Dende Ares cara ao mar”.
Parabéns
a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e
secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis
maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha
gran labor en cada un dos stands representados; aos alumn@sda materia de economía pola realización dese
estupendo mapa guía e os roteiros pola vila tan ben guiados e explicados; ao
grupiño de músicos que nos acompañou durante toda a xornada- xodes uns cracks-,
a Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra por eses obradoiros de
robótica- unha delicia para os nenos e nenas, e que ben o pasaron-,as asociacións deportivas de Ares (clube de
remo, a Asociación cultural e deportiva SCUBA, a Windsuf zona norte), á
concellería de turismo, a Manolo Cainzos por ensinarnos a facer nós mariñeiors
e coser rede, a Suso Fariña polas fotografías da exposición, aos nosos amigos
de Ares por deixarnos a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa
peculiar muiñeira global,a Dani Magariños por esa mostra de aparellos
mariñeiros, aos que que organizaron o stand de Unha cura para Adri e a todas os
comercios locais que colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de
area para o sorteo dos premios.
E
por suposto ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao
longo da xornada: o Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, o inspector de
educación Manuel Trigás,a José Antonio
Sordo do CFR de Ferrol, ao noso alcalde Julio Iglesias, e ao resto de
concelleiros da nosa vila. Grazas tamén aos representantes das asociacións ANPA
e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado do
CPI As Mirandas
por promover e apoiar todas as iniciativas que
se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias e veciños que
hoxe nos acompañaron nesta xornada.
Nas
seguintes fotos tedes unha pequena mostra do evento. En breve poderedes ver na
páxina web do centro o vídeo resumo da II Feira dende Ares cara ao mar.
Grazas
a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.
O noso centro está
a participar naIV edición do concurso
“Galicia, auga, literatura e rap”. Nesta ediciónos escolares darán a súa visión das grandes obras da
literatura galega nas que estea presente a auga pero a modo de rap. Así que os nenos e nenas de 5º e 6º de
primaria rapearon os
seguintes poemas:
“O noso barco”, do libro de poemas “Soños na Gaiola” de Manuel
María
“O arco da vella”, do autor
Xerardo Álvarez Limeses
Madrigal â cibdá de Santiago, da obra Seis poemas Galegos de Federico
García Lorca
“O río” ,do libro de poemas “Cando o mar foi polo río” de Manuel María
Aquí vos deixamos a súas estupendas interpretacións
Como ben dixo
a miña compañeira Vanesa, un día moi longo para o
reloxo que se nos fixo moi breve en experiencias. Voltamos á casa como
finalistas, pero felices por esa experiencia inesquecible. Ver a emoción dos
rapaces e rapazas ao longo do día foi espectacular. A verdade é que é un
orgullo ver como traballaron durante toda a mañá como auténticos cineastas sen
ter preparación audiovisual para sacar adiante 5 micromovies nas que foron
guionistas, cámaras, redactores, técnicos de son, editores (non imaxinei que
puideran sacar adiante as súas producións cun editor do que non tiñan coñecemento
e que estaban a ver por primeira vez nun tempo record).
Só darlles a en hora boa e sobre todo
desexar que gozasen da xornada, aínda que vendo as súas caras non o dubido.
Noraboa aos
compañeiros organizadores do Festival Olloboi, vaya equipo e menudo traballo...
Grazas taménao noso cómplice o diretorAlfonso Zarauza por prestarse a
“xogar” con nós acompañándonos, ensinándonos, dándonos consellos e compartindo experiencias,e tamén ás nosas
cómplices María Lobo e Sabela ,e a todo
o elenco de traballadores do cine galego.
Aquí vos deixamos un vídeo
resumo da nosa xornada no Festival Olloboi 2018 e algunhas das pezas
audiovisuais realizadas polo alumnado de 2º da ESO ao longo da mañá.
Menuda noticia!!! o noso centro finalista en dúas categorías no Festival Audiovisual OLLOBOI entre cerca de 200 traballos presentados a concurso de toda Galicia.
A curta realizada polo alumnado de 2º ESOA quedou finalista ao mellor guión co seu traballo "Katherin Johnson, a muller que levou ao home á lúa", realizado dentro da actividade "Mulleres que fixeron historia" proposta polo EDLG no Día Internacional da muller, e os nenos e nenas de 4º de primaria quedaron finalistas na categoría PEQUES co traballo "O Pergamiño Vindel volve ao lar".
En hora boa a todos polo voso esforzo, e ás profes que colaborástedes e fixéstedes posible a realización destes traballos co voso alumnado.
Rematou
a VII Edición de "O Preguntón" Meteoescolas. Queremos dar a en
hora boa a todos os que participáchedes e os nosos parabéns aos gañadores e
finalistas.
En breve
comunicaremos a data de entrega de premios e diplomas a todos os concursantes.
Moitas
grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano máis!!!.
Aquí vos
deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.